Inicio Galicia A Xunta alerta dun temporal de nivel laranxa costeiro que afectará ao...

A Xunta alerta dun temporal de nivel laranxa costeiro que afectará ao noroeste e oeste da Coruña a partir desta madrugada

0

Lémbrase a importancia de manterse afastado da liña de costa, diques, rompentes, praias e paseos marítimos


A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta vén de activar a alerta laranxa por temporal costeiro que afectará ao noroeste e oeste da provincia da Coruña a partir desta madrugada.

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), a partir das 4 horas da madrugada do día 28 espérase temporal por mar combinada do noroeste con ondas que poden acadar os 5 metros.

A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes, paseos marítimos. Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.

Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese. 


- Te recomendamos -