Inicio Galicia A Xunta agradece o labor académico ao redor do Camiño de Santiago...

A Xunta agradece o labor académico ao redor do Camiño de Santiago por contribuír a difundir os seus valores patrimoniais e culturais

0

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe en Padrón na clausura do congreso internacional O ano do patrimonio europeo e o Camiño de Santiago, onde a representante da Consellería de Cultura e Turismo puxo en valor o importante labor investigador e académico que favorecen iniciativas como estas e que contribúen, dixo, a difundir os valores patrimoniais e culturais da ruta xacobea e a estudar o Camiño de Santiago desde un punto de vista transversal e multidisciplinar.

O congreso, organizado pola Cátedra do Camiño de Santiago e as Peregrinacións e o Grupo Compostela de Universidades, reuniu durante estes días a un nutrido grupo de profesionais que afondaron no pasado, presente e futuro da ruta xacobea poñendo o foco no seu modelo de xestión, coñecendo a experiencia de traballo ao redor do patrimonio cultural noutros lugares de Europa e mesmo analizando o papel do Camiño de Santiago como primeiro itinerario cultural europeo. O apoio a esta iniciativa enmárcase no compromiso de Cultura e Turismo plasmado no Plan director do Camiño de Santiago, por afondar e impulsar a investigación e coñecemento ao redor do fenómeno da peregrinación.


- Te recomendamos -