Inicio Galicia A Xunta adxudica as obras de mellora na estrada LU-642 entre Oural...

A Xunta adxudica as obras de mellora na estrada LU-642 entre Oural (Sarria) e o Incio que veñen a completar as realizadas nesta vía cun investimento total de 900.000 euros

0

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, avanzou que os traballos comezarán previsiblemente en xullo

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda vén de adxudicar á empresa Ovisa as obras de mellora na estrada autonómica LU-642, que une a localidade de Oural en Sarria e o municipio do Incio. A administración autonómica prevé iniciar estes traballos no mes de xullo, unha vez se completen os trámites administrativos previos.

As actuacións programadas teñen por obxecto mellorar a seguridade viaria e as condicións de circulación do tráfico rodado en 8,3 Km desta vía, en concreto, dende o punto quilométrico 0+000 ao 8+300.

A Xunta procederá á reparación, regularización e selado do firme existente (que na actualidade é de macádam con dobre rega) e, extensión posterior dunha nova capa de rodaxe con mestura bituminosa en quente.

Ademais están previstas as correspondentes tarefas de renovación e reposición da sinalización horizontal e vertical, novo balizamento e defensas, así como a construción de gabias practicables en varios puntos.

Deste xeito a Xunta completa a mellora integral desta estrada pola que transitan habitualmente os veciños de Sarria e do Incio, como vía de comunicación interior. Cómpre lembrar que o ano pasado xa se actuou entre as localidades de O Hospital e A Ferrería, e con anterioridade entre os pq 8+300 e 12+600 no seu enlace coa LU-641.

O orzamento destinado a estas melloras implica un investimento conxunto de entorno a 900.000 euros, se engadimos o treito actual as obras de mellora executadas noutros tramos desta mesma estrada en anos anteriores. 


- Te recomendamos -