Inicio Galicia A Xunta adxudica as obras da senda peonil e ciclista na zona...

A Xunta adxudica as obras da senda peonil e ciclista na zona de Santa Marta, en Baiona, cun investimento de case 438.000 euros

0

Estas actuacións serán executadas pola empresa Construcións Obras e Viais, S

A, (COVSA), cun prazo duns 3 meses

A Xunta vén de adxudicar as obras de construción dunha nova senda peonil e ciclista na zona de Santa Marta, no Concello de Baiona, cun investimento de case 438.000 euros.

Estas actuacións serán executadas pola empresa Construcións Obras e Viais, S.

A, (COVSA), cun prazo duns 3 meses.

O proxecto define o acondicionamento da contorna na zona de Santa Marta, na estrada PO- 552, entre os puntos quilométricos 15+050 e 15+300, e a substitución dunha pasarela, que por mor das condicións meteorolóxicas ten sufrido danos en diversas ocasións. As obras teñen un prazo de execución de 3 meses desde o inicio das mesmas.

Na intervención se prevé a colocación dunha nova pasarela de madeira de 4,5 metros, fronte aos 3 actuais, e nos 60 metros anteriores á pasarela está previsto una lixeira ampliación do ancho existente ata os 4,5 metros, aproveitando una parte da zona axardinada. Tamén se ensanchará a zona destinada ao tránsito peonil e habilitarase unha banda diferenciada de 2 metros para a circulación de ciclistas.

Xa no último tramo, na transición entre a pasarela e o paseo actual, a zona destinada á circulación de ciclistas sinalarase cun tratamento superficial, co obxectivo de diferenciala da correspondente ao tránsito.

Esta actuación no Concello de Baiona se enmarca dentro das actuacións do departamento de Infraestruturas da Xunta co fin de promover unha mobilidade máis sustentable, favorecendo que os usuarios poidan facer os seus desprazamentos cotiás andando ou en bicicleta dun xeito mais seguro.

A esta nova senda cómpre engadir ás que está a executar o departamento de Infraestruturas na comarca de Vigo ao abeiro do Plan de Sendas de Galicia, cofinanciadas polo Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020. En total a comarca de Vigo disporá de 12,5 quilómetros de novas sendas, cun orzamento que se achega aos 5 millóns de euros.  


- Te recomendamos -