O delegado territorial, José Manuel Balseiro, avanza que a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio destina para este fin 2,1 millóns de euros
A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio vén de adxudicar a obra de subministración, instalación e posta en marcha do equipamento escénico do novo auditorio de Lugo, “un paso que completa e fai máis próxima á posta a disposición do conxunto dos lucenses da que está chamada a converterse na primeira infraestrutura cultural da cidade e da provincia”Así o explicou esta mañá, en rolda de prensa, o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, quen avanzou que para este fin o Goberno galego destinará 2,1 millóns de euros. Tamén indicou que o proxecto contempla un prazo de execución de oito meses, desde a data na que se faga efectiva a sinatura do contrato.
A empresa adxudicataria será Chemtrol División Teatro SA, unha muntinacional especializada neste tipo de subministracións técnicas que traballou no equipamento dos principais espazos culturais do país como no teatro da Maestranza (co gallo da Expo92), no Liceu de Barcelona, no Palacio Euskalduna de Bilbao, no Palacio das Artes de Valencia, nos Teatros do Canal en Madrid ou no Pazo da Música de Compostela.
Convenio de colaboraciónDeste xeito a Xunta dá cumprimento ao establecido no convenio asinado co Concello de Lugo, o pasado mes de outubro, polo que a administración autonómica se comprometía a asumir a dotación do equipamento desta infraestrutura e, a cambio, a administración local deixaba exentos do pago do IBI a cinco edificios do SERGAS na cidade.
Cómpre lembrar que o convenio asinado inclúe que a Xunta asuma os gastos de mantemento do inmoble ata a súa entrega á administración localMelloras no equipamentoBalseiro explicou que a empresa adxudicataria dotará ao auditorio dun sistema de vídeo e son profesionais, iluminación e maquinaria escénica, sistemas de tradución simultánea, equipamento de cine dixital, proxectores e o téxtil dos escenarios. E, entre as melloras propostas pola empresa adxudicataria atopamos cortiñas de boca con veludo nas salas principais, mesas de control máis potentes, un sistema de son dotado de tecnoloxía Dolby Sorround, e sistemas de proxección láser 4k.
- Te recomendamos -