Inicio Galicia A Xunta adianta en medio ano a posta en servizo da nova...

A Xunta adianta en medio ano a posta en servizo da nova vía de conexión de Portobravo, en Lousame, coa VAP Brión-Noia en Sampaio, na que se investiron 1,3 millóns de euros

0

O delegado territorial, Ovidio Rodeiro, acompañado polos alcaldes de Lousame e Noia fixo un percorrido pola nova infraestrutura de 900 metros de lonxitude, que permitirá chegar de Portobravo á vía de altas prestación en menos de 5 minutos

a Xunta adianta en medio ano a posta en servizo da nova vía de conexión do núcleo de Portobravo coa vía de altas prestacións Brión-Noia, en Sampaio nas que se investiron 1,3 millóns de euros.

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, acompañado polos alcaldes de Lousame e Noia, María Teresa Villaverde e Santiago Freire, salientou a rápida execución desta actuación da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, iniciadas en xuño de 2017. Neste senso, lembrou que os 18 meses de prazo inicial previsto para a execución destas obras veuse finalmente acurtado, sendo agora esta infraestrutura “unha realidade para os veciños e veciñas da contorna”.

A nova infraestrutura viaria ten unha lonxitude de 900 metros e iníciase en Portobravo ata conectar coa VAP de Brión-Noia en menos de cinco minutos. Con esta nova conexión os usuarios poderán aforrarse un percorrido dun quilómetro e evitáranse varias interseccións con outras vías.

Neste senso, Ovidio Rodeiro, lembrou que esta vía, que discorre polo termo municipal de Noia, beneficiará directamente aos veciños de Lousame, favorecendo a demandada de conexión directa coa vía de altas prestacións Brión-Noia. Dotando tamén dunha mellor conectividade ao núcleo de Noia e ao seu polígono industrial.

Este novo acceso a Portobravo evitará o emprego da actual intersección de reducida visibilidade entras as estradas AC-311 e AC-308, situada na travesía de Noia. As conexións coas dúas estradas autonómicas realízase mediante glorieta.

Para o delegado territorial “a posta en marcha desta nova estrada suporá un antes e un despois para a mobilidade desta zona xa que ademais de aforrar tempo se mellora a mobilidade a a seguridade dos condutores e peóns”.

En total, esta vía dará servizo aos case 18.000 habitantes que suman conxuntamente estes dos concellos.


- Te recomendamos -