Inicio Galicia A Xunta activa un programa integrado para desempregados na mancomunidade do Salnés

A Xunta activa un programa integrado para desempregados na mancomunidade do Salnés

0

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou que esta iniciativa da Consellería de Economía, Emprego e Industria céntrase en incrementar as oportunidades laborais a través da especialización e a posta en marcha de medidas que combinan orientación e asesoramento con formación e prácticas

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou esta mañá que desempregados dos concellos da Mancomunidade do Salnés beneficiaranse dun novo programa integrado para desempregados que pon en marcha a Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Deste xeito, o programa, que acaba de comezar este mesmo mes, favorecerá aos veciños de Cambados, O Grove, Meaño, Meis, Ribadumia, Sanxenxo, Vilagarcía, Vilanova e Illa de Arousa, cun investimento de 250.000 euros. Os alumnos procederán das Oficinas de Emprego, e o control e seguimento dos cursos será responsabilidade da administración autonómica.

Deste xeito, a Xunta porá en marcha nas próximas semanas na provincia de Pontevedra un total de 12 programas integrados de emprego en municipios e 10 para entidades sen ánimo de lucro nos que investirá 4,9 millóns de euros, para incrementar as oportunidades laborais de sen emprego. Cada curso beneficiará a 100 participantes, preto de 2.200 na provincia de Pontevedra. No conxunto da comunidade autónoma, a xunta vai desenvolver un total de 48 programas integrados, cun investimento próximo aos 11 millóns de euros.

Leer más:  Un anciano de ochenta años fallece en Vilardevós (Ourense) después de que su tractor volcara

A iniciativa da Consellería de Economía, Emprego e Industria inclúe a reserva dunha porcentaxe do orzamento para o desenvolvemento de plans específicos para as mulleres. En concreto, na provincia de Pontevedra haberá dous plans integrados con este fin, un que porá en marcha o concello de Moaña e outro a FeSP UGT Galicia para Vilagarcía e Pontevedra, en total 500.000 que permitirán activar unha das medidas do plan Emprega en feminino, a folla de ruta do Goberno galego para impulsar a inserción das mulleres no mercado de traballo.

Tal e como explicou o delegado territorial, os programas integrados de emprego, que teñen uno ano de duración, “están enfocados a mellorar a ocupación dos desempregados establecendo como obxectivo a inserción laboral dun mínimo do 30% dos seus participantes, é dicir, máis de 1.300 en toda Galicia”. Cada plan integrado inclúe accións personalizadas de diversa natureza -como información, orientación, asesoramento e formación- combinadas con prácticas laborais.

A actuación forma parte da Axenda 20 para o Emprego, a planificación do Goberno galego en materia laboral para impulsar o traballo estable e de calidade e coa que se pretende en 2020 reducir a taxa de paro ata o 10% coa creación de, polo menos, 80.000 novos empregos.

Leer más:  El BNG solicitará la comparecencia de Rueda por no permitir que Galicia tenga control sobre su presupuesto

O Goberno galego, a través desta folla de ruta, vén activando ao longo deste ano diversos programas e axudas enfocados a ampliar as oportunidades laborais dos galegos e galegas como son os cursos de formación, os obradoiros, as lanzadeiras de emprego ou a iniciativa Formación á porta para cualificar a 500 mozos e mozas en 30 concellos do rural.

Con este tipo de actuacións, o Goberno galego contribúe a mellorar as cifras do desemprego en Galicia, que no último mes se reduciu nun 6,55% con respecto a hai un ano, en 13.037 persoas, crecendo a contratación indefinida nun 19,87% -máis do dobre que a temporal- e medrando tamén a contratación a tempo completo nun 9,32%.


- Te recomendamos -