Inicio Galicia A Xunta activa en Ourense 5 programas integrados que beneficiarán a 500...

A Xunta activa en Ourense 5 programas integrados que beneficiarán a 500 desempregados cun investimento de case un millón de euros

0

A iniciativa da Consellería de Economía, Emprego e Industria céntrase en mellorar as oportunidades laborais a través da especialización e a posta en marcha de medidas que combinan orientación e asesoramento con formación e prácticas

Un total de 500 persoas participarán nos 5 programas integrados de emprego que a Consellería de Economía, Emprego e Industria está a poñer en marcha na provincia de Ourense e nos que o Goberno galego inviste case un millón de euros.

As axudas van destinadas a concellos e entidades sen ánimo de lucro. Deste xeito, dos 5 plans que se desenvolverán na provincia de Ourense, un deles será no Concello do Carballiño e os 4 restantes corresponden aos presentados por CIMO, Confederación de Empresarios de Ourense (CEO), Asociación Empresarial de Mercadorías por Estrada de Galicia (Apetamcor) e Asociación de empresarios de Polígono de San Cibrao, que comezarán a partir da semana que vén.

Como novidade este ano, a Xunta primou aos Concellos Emprendedores e, ao igual que na pasada edición, reservou 2M€ para iniciativas destinadas especificamente a mulleres, a través de Emprega en feminino, como a que vai desenvolver CIMO na provincia de Ourense dirixida a 100 mulleres desempregadas.

Leer más:  Monterroso se mostró contento con la acogida de migrantes: "Hablas con ellos y te das cuenta de que solo quieren que les escuches"

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, subliñou que a gran vantaxe destes proxectos é que deseñan un itinerario integral e individual para os participantes e inclúen accións personalizadas de diversa natureza -como información, orientación, asesoramento e formación- combinadas con prácticas laborais.

Díaz Mouteira lembrou que os programas integrados de emprego, que teñen un ano de duración, están enfocados a mellorar a ocupación dos desempregados establecendo como obxectivo a inserción laboral dun mínimo do 35% dos seus participantes.

A actuación forma parte da Axenda 20 para o Emprego, a planificación do Goberno galego en materia laboral para impulsar o traballo estable e de calidade e coa que se pretende en 2020 reducir a taxa de paro ata o 10% coa creación de, polo menos, 80.000 novos postos de traballo. Así, o Goberno galego vén activando ao longo deste ano diversos programas e axudas enfocados a ampliar as oportunidades laborais das persoas desempregadas como son os cursos de formación, os obradoiros duais ou a formación á porta.


- Te recomendamos -