Inicio Galicia A Xunta activa en Monforte de Lemos novas accións de formación e...

A Xunta activa en Monforte de Lemos novas accións de formación e asesoramento para facilitar a creación e consolidación de empresas por autónomos e emprendedores

0

No marco dun convenio de colaboración entre o Igape e a Fundación Incyde, o próximo luns, 4 de xuño, comeza a desenvolverse un curso orientado a facilitar a creación e crecemento de novos negocios na comarca

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, en colaboración coa Fundación Instituto Cameral para a Creación e Desenvolvemento da Empresa (Incyde), impulsa unha nova iniciativa de formación e asesoramento para facilitar a creación ou desenvolvemento de novos negocios por autónomos ou emprendedores da comarca de Lemos.

Os interesados nesta acción de formación e asesoramento, que se desenvolverá ao longo de sete semanas e que inclúe titorías á medida dos proxectos para propiciar a sustentabilidade de novas iniciativas empresariais, deben inscribirse a través da web da Fundación Incyde.

O curso de formación e asesoramento, cofinanciado nun 80% polo Fondo Social Europeo (FSE), comezará o próximo luns, día 4 de xuño, na Unidade Formativa de Monforte (Camiño Real s/n) e ten entre os seus obxectivos os de facilitar asesoramento personalizado para o autoemprego e a consolidación empresarial.

Ao abeiro desta iniciativa de colaboración coa fundación Incyde vai comezar o desenvolvemento doutros cursos de formación e asesoramento para a creación e consolidación de empresas en Ponteareas, o martes día 5 de xuño, e en Bande (Ourense) e Lugo, o próximo 11 de xuño.

Leer más:  Las ventas de la industria gallega incrementan un 5% durante el mes de julio

Con esta iniciativa prevese achegar, durante este ano, formación e asesoramento a máis de 250 autónomos, emprendedores e empresarios, preferentemente nas diferentes comarcas afectadas polos incendios rexistrados en Galicia o ano pasado. En Beade e Ponteareas xa se desenvolveron os dous primeiros cursos, que remataron o pasado mes de abril e nos que participaron máis de medio cento de emprendedores.

O obxectivo desta iniciativa é acelerar o desenvolvemento de proxectos empresariais e a creación de emprego sobre o territorio afectado pola vaga de lumes, incrementando as probabilidades de éxito das ideas impulsadas polos emprendedores e autónomos, facilitando a súa posta en marcha e a súa consolidación temperá.

Coa formación en emprendemento e autoemprego, proporcionase unha visión global das distintas áreas funcionais da empresa e os alumnos poderán determinar oportunidades de mercado e desenvolvemento do plan de empresa, sempre coa axuda de ferramentas de xestión para favorecer a súa posta en marcha.

Despois das accións formativas que comezan o próximo luns, os participantes, especialmente a través do Igape, poderán seguir accedendo ao asesoramento especializado ou titoría que precisen, así como ás axudas do programa Galicia Emprende, ou a préstamos directos como os activados no novo programa de instrumentos financeiros innovadores (IFIs) para financiar os seus investimentos.

Leer más:  Las exportaciones gallegas crecen un 6% en julio, por debajo de la media española

- Te recomendamos -