Está activada tamén alerta amarela por tormentas no resto da provincia de Ourense e no sur de Lugo
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta vén de activar a alerta laranxa por tormentas na montaña de Ourense e alerta amarela no resto da provincia ourensá, así como no sur da provincia de Lugo.
Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), a partir das 11,00 horas activase a alerta laranxa por tormentas na montaña da provincia de Ourense que poden ir acompañadas de fortes refachos de vento e precipitacións intensas. No Noroeste, Miño, Sur e Valdeorras da provincia de Ourense e no sur de Lugo está activada a alerta amarela.
Aconséllase, consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.
- Te recomendamos -