Inicio Galicia A Xunta activa a alerta laranxa por temporal costeiro no litoral das...

A Xunta activa a alerta laranxa por temporal costeiro no litoral das provincias da Coruña e Lugo a partir de mañá

0

Lémbrase a necesidade de extremar as precaucións, seguir as medidas de protección pertinentes e consultar a web do 112


A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta vén de activar a alerta laranxa por un temporal costeiro que comezará mañá e que afectará o litoral das provincias da Coruña e Lugo.

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), nas primeiras horas da tarde de mañá domingo, espérase mar combinada do noroeste con ondas entre 5-6 metros no noroeste e oeste da provincia da Coruña e no litoral da provincia de Lugo.

A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes, paseos marítimos. Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.

Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112, que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.


- Te recomendamos -