Inicio Galicia A Xunta acometerá obras de mellora da seguridade viaria na estrada do...

A Xunta acometerá obras de mellora da seguridade viaria na estrada do Pirixel, que une Celeiro coa cidade de Viveiro

0

O delegado territorial en Lugo, José Manuel Balseiro, presentou o catálogo de actuacións previstas pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade ao seu paso pola zona do Pirixel, moi concorrida como percorrido alternativo á LU-862

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade acometerá diversas actuacións de mellora da seguridade viaria na estrada autonómica LU-102, que une a localidade de Celeiro coa cidade de Viveiro, ao seu paso pola zona coñecida como O Pirixel.

A iniciativa busca mellorar ou reforzar as características de seguridade viaria da estrada, de xeito que permita unha circulación o mais segura posible, nun tramo de grande concorrencia de tráfico, en especial durante os períodos de maior afluencia turística, xa que se emprega como percorrido alternativo á LU-862.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, acompañado por técnicos da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), presentou o catálogo de traballos que se prevén executar ao longo do próximo mes de outubro.

Descrición das actuaciónsA primeira das actuacións propostas enmárcase nas obras de mellora do firme. Así, no treito non urbano está previsto mellorar as características superficiais do pavimento (textura e resistencia ao deslizamento) mediante a execución dun microaglomerado en frío que proporcionará unha gran adherencia neumático-pavimento .

Leer más:  En Galicia, la calidad del aire ha mejorado, con la mayoría de estaciones en situación favorable o regular, excepto en las zonas de Vigo

Tamén está previsto incorporar resaltos termoplásticos sonoros nas marcas viarias que delimitan a calzada, que ademais de incrementar a visibilidade das mesmas, advirten de posibles saídas de vía aos conductores.

Asemade se instalarán na calzada dispositivos reductores da velocidade e bandas tranversais de alerta como medidas de “calmado do tráfico” co obxectivo de reducir as velocidades excesivas que se rexistran nesta vía.

Pola súa banda no treito urbano desta estrada, alí onde existen beirarrúas, está previsto rehabilitar o firme actual, co correspondente fresado e reposición das zonas deterioradas e disposición dunha nova capa de rodaxe.

Finalmente, tamén están previstas medidas de reforzo da sinalización horizontal e vertical, incluída a disposición sobre a calzada de varias advertencias do límite de velocidade permitida.

En resume todo un catálogo de medidas que busca evitar accidentes de tráfico, a súa periodicidade e gravidade, nunha vía na que a maior parte dos incidentes rexistrados están relacionados con excesos de velocidade, segundo explicou Balseiro.

Avda. Benito GalceránO delegado tamén avanzou que tratarán de executar os traballos de extensión da nova capa de rodadura de xeito complementario co desenvolvemento das obras de mellora que se acometen na avenida Benito Galcerán, actuación executada polo Concello pero financiada ao cen por cen pola Xunta de Galicia cunha axuda de 96.000 euros. 

Leer más:  Del Prestige a Pelegrín o la inacabable comisión de cajas: historia de las investigaciones políticas en el Parlamento

- Te recomendamos -