Inicio Galicia A Xunta abre o E-Dixgal a todos os centros galegos de primaria...

A Xunta abre o E-Dixgal a todos os centros galegos de primaria e secundaria sostidos con fondos públicos

0

Ata o momento, para acceder a este programa era necesario participar no proxecto Abalar

A Xunta de Galicia abre este ano o proxecto de libro dixital E-Dixgal a todos os centros sostidos con fondos públicos de Galicia, sempre e cando impartan 5º e 6º de Primaria ou 1º e 2º da ESO. Cómpre lembrar que ata o momento para acceder a este programa era necesario que os centros participaran no proxecto Abalar. Nesta ocasión, subministrarase o equipamento informático necesario –fundamentalmente ultraportátiles para os alumnos– aos centros que non conten con el. De feito, a Xunta de Galicia realizou este ano a renovación dos equipos dos centros E-Dixgal, o que supuxo o reparto de máis de 13.000 ultraportátiles.

Deste xeito continúase co despregamento do libro dixital no ensino galego, enmarcado na Estratexia galega para a educación dixital (Edudixital 2020). Algúns dos obxectivos deste plan son lograr que todo o alumnado do ensino obrigatorio teña formación en robótica e programación no curso 2020/21, romper coa fenda de xénero nos estudos STEM e acadar os 300 centros e máis de 20.000 alumnos beneficiados co libro dixital no 2020/21. Actualmente, esta iniciativa está presente en 154 centros e chega xa a máis de 11.600 alumnos. O obxectivo da convocatoria publicada hoxe no portal educativo (http://www.edu.xunta.gal/portal/node/25011) é incorporar a E-Dixgal un total de 30 centros –aínda que se pode estender a máis–, o que suporía arredor de 800 alumnos máis no proxecto.

Leer más:  Localizan el cuerpo sin vida de un hombre de 78 años dentro de una cuba de vino en Portas (Pontevedra)

Novos materiaisCómpre lembrar que os centros que se incorporen este ano poderán beneficiarse desde o inicio das novidades do programa, tales como a incorporación dun novo provedor de contidos, aulaPlaneta, que se sumou a Netex e Edebé. Ademais, estará dispoñible o centro de produción, que facilitará aos docentes novas ferramentas e mecanismos para que poidan incorporar á plataforma contidos educativos innovadores. E tamén está en proceso de licitación o contrato dun novo provedor de contidos en inglés.

Servizo PremiumEn 2018 activarase, así mesmo, o Servizo de Soporte Premium para as familias, alumnado e profesores dos centros educativos implicados na iniciativa, que ofrecerá tres tipos de asistencia: remota (telefónica e online); in situ, con desprazamento ao lugar do incidente, e a través de puntos físicos de atención.

Os máis de 1.000 profesores, 12.000 alumnos e as súas familias dispoñerán dunha única vía de atención para todas as cuestións relacionadas co uso do libro dixital a través de varias canles (teléfono, correo electrónico, web, app no móbil…), as 24 horas do día os sete días da semana. O novo Servizo Premium contempla, como novidade, que o soporte se preste no domicilio da familia ou o docente para aqueles incidentes que requiran unha atención presencial.

Leer más:  El Gobierno central defenderá en el Tribunal de Justicia de la Unión Europea la normativa estatal para la aprobación de proyectos eólicos, según la Xunta

Plan de formaciónCómpre lembrar, ademais, que o E-Dixgal vai máis aló do mero equipamento informático. Non en balde, todos os centros E-Dixgal contan cun Plan de formación propio no ámbito das novas tecnoloxías, cunhas 2000 horas de formación específica para o profesorado. Entre setembro e novembro impartíronse máis de 20 cursos nos que 430 profesores recibiron formación sobre cuestións técnicas e metodolóxicas relativas á educación dixital.

Ademais, ditos plans incorporan tamén unha Escola de Nais e Pais para que as propias familias reciban información ao respecto e dispoñan de canles axeitadas para o acceso aos contidos e a resolución de dúbidas, entre outros.


- Te recomendamos -