Inicio Galicia A secretaria xeral para o Deporte destaca a importancia da ?unificación e...

A secretaria xeral para o Deporte destaca a importancia da ?unificación e do traballo en equipo? na Gala do Fútbol Galego 2018

0

Destaca as 92.208 licenzas federativas e 5.232 equipos coas que conta a Real Federación Galega de Fútbol na tempada 2017-2018

A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, participou no serán de hoxe na Gala do Fútbol Galego 2018 na que destacou a importancia do “traballo en equipo que dá os mellores froitos, divide os esforzos e multiplica os resultados”.

A titular da carteira de Deporte referiuse a gala do 2018 como a gala da unificación por ser “a primeira vez que a Real Federación Galega de Fútbol e a Asociación de Clubs Galegos de Fútbol acordaron facela de xeito conxunto” e porque “é a primeira gala na que o fútbol sala xa está integrado na súa totalidade na Real Federación Galega de Fútbol”. “Unha integración que defende o interese xeral da actividade deportiva e dos practicantes da mesma”. engadiu.

Nas súas verbas, Marta Míguez falou das 92.208 licenzas federativas e 5.232 equipos coas que conta a Real Federación Galega de Fútbol na tempada 2017-2018 e felicitou a todos os premiados como patrocinadores, medios de comunicación, deportistas, árbitros ou representantes do fútbol base “que fan que cada vez máis nenos e nenas queiran xogar ao fútbol e parecerse aos seus referentes”. 


- Te recomendamos -