Inicio Galicia A sala de exposicións da Delegación da Xunta en Vigo acolle ?Observación...

A sala de exposicións da Delegación da Xunta en Vigo acolle ?Observación e Nostalxia? da artista asturiana Orosia González

0

A exposición, que se desenvolverá ata o vindeiro 20 de agosto, está composta por 25 pezas nas que predominan as paisaxes e os detalles rurais


A planta baixa da Delegación Territorial da Xunta en Vigo acollerá ata o vindeiro 20 de agosto a exposición “Observación e nostalxia” da artista asturiana, Orosia González. Unha mostra que este mediodía era inaugurada polo delegado da Xunta, Ignacio López-Chaves, quen aproveitou a ocasión para dar a benvida a pintora da que destacou o seu potencial e creatividade.

A mostra está composta por 25 pezas nas que predominan as paisaxes e os detalles rurais. Segundo explicou a propia González, pese a que a pintura lle atraeu desde ben moza, non foi ata que se trasladou a Galicia no 2004 cando comeza a pintar e, a partir do 2011, cando rematada a súa etapa laboral, se dedica en corpo e alma a súa paixón. Autodidacta confesa, desde entón tomou parte en numerosos con concursos de pintura e exposicións colectivas cun papel destacado da súa participación. Esta exposición súmase así ás múltiples mostras de artistas e colectivos que xa se realizaron na planta baixa do edificio administrativo do Goberno galego, así coma aos cursos e xornadas que se desenvolven no salón de actos ou a organización de actividades culturais e mesas solidarias coma as de DOA ou a AECC, entre outras. Sempre co obxectivo de abrir o edificio administrativo á participación dos cidadáns.

Leer más:  Los habitantes de Monterroso (Lugo), un pueblo con solo 3.600 habitantes, se muestran "felices" con la llegada de 126 migrantes de Mali

Cómpre lembrar ademais que as instalacións da Delegación Territorial –o salón de actos e a zona de exposicións- están dispoñibles para que todos os colectivos e asociacións parroquiais da cidade acheguen as súas actividades culturais e sociais aos cidadáns, co obxectivo de que transcendan máis aló do seu propio ámbito parroquial e todos os vigueses e viguesas poidan coñecelas.


- Te recomendamos -