Inicio Galicia A Policía Autonómica leva a cabo 249 inspeccións para velar polo cumprimento...

A Policía Autonómica leva a cabo 249 inspeccións para velar polo cumprimento da Lei de prevención de bebidas alcohólicas en menores

0

A Policía Autonómica, dende a entrada en vigor da Lei 11/2010, de prevención de bebidas alcohólicas aos menores de idade, leva a cabo diversos dispositivos policiais por toda a comunidade galega

Axentes do grupo de Menores da Policía Autonómica levaron a cabo entre o 7 e o 13 de maio un total de 249 inspeccións de control en 22 concellos galegos.

Por parte dos distintos Grupos de Menores da Policía Autonómica da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e Santiago nesta pasada semana, realizáronse 40 dispositivos de control de menores en risco de desamparo (absentismo escolar e consumo de alcohol/tabaco e drogas en menores de idade), nos concellos da Coruña, Ames, Arteixo, Barbadás, Barro, Cambados, Culleredo, Lugo, Maside, Miño, O Carballiño, O Porriño, Oroso, Ourense, Poio, Ponteareas, Pontevedra, San Cristovo de Cea, Santiago de Compostela, Verín, Vigo e Vilagarcía de Arousa.

Como resultado do dispositivo levado a cabo, foron identificadas 85 persoas e inspeccionadas 249 zonas de ocio, locais e centros comerciais. Levantáronse 35 actas de infracción, das cales 19 foron por venda de alcol, 15 por consumo de alcol, e 1 por venda de tabaco.

Leer más:  Incautan 104 litros de licor sin etiquetar escondidos en bidones de plástico en un bar de Santa Comba (A Coruña)

A Policía Autonómica, dende a entrada en vigor da Lei 11/2010, de prevención de bebidas alcohólicas aos menores de idade, leva a cabo diversos dispositivos policiais por toda a Comunidade Galega, para velar polo cumprimento da mesma e previr o consumo deste tipo de bebidas polos menores de idade.

Nestes dispositivos, ademais das denuncias pola infracción da Lei 11/2010, tamén se informa aos propietarios dos locais do seu contido, das actuacións que deben levar a cabo para o cumprimento da mesma e evitar o consumo de alcol entre os menores de idade, así como, que por parte da Policía Autonómica se continuará coas actividades necesarias para velar polo cumprimento da norma. 


- Te recomendamos -