Inicio Galicia A Policía Autonómica leva a cabo 202 inspeccións para velar polo cumprimento...

A Policía Autonómica leva a cabo 202 inspeccións para velar polo cumprimento da lei de prevención de bebidas alcohólicas en menores

0

A Policía Autonómica, dende a entrada en vigor da Lei 11/2010, de prevención de bebidas alcohólicas aos menores de idade, leva a cabo diversos dispositivos policiais por toda a comunidade galega

Axentes do grupo de Menores da Policía Autonómica levaron a cabo entre o 17 e o 26 decembro un total de 202 inspeccións de control en 16 concellos galegos.

Por parte dos distintos Grupos de Menores da Policía Autonómica da Coruña, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo nesta pasada semana realizáronse 37 dispositivos de control de menores en risco de desamparo (absentismo escolar e consumo de alcohol/tabaco e drogas en menores de idade), nos concellos da Coruña, Boiro, Santiago de Compostela, Baños de Molgas, Barbadás, O Carballiño, Esgos, Maceda, Nogueira de Ramuín, Ourense, Paderne de Allariz, Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas, Xunqueira de Espadañedo, Pontevedra e Vigo.

Como resultado do dispositivo levado a cabo, foron identificadas 70 persoas e inspeccionadas 202 zonas de ocio, locais e centros comerciais. Levantáronse 7 actas de infracción, todas elas por venda de alcohol.

Leer más:  La Xunta ofrece en este curso más de 132.000 plazas en su programa de formación de docentes, un aumento del 7,5%

A Policía Autonómica, dende a entrada en vigor da Lei 11/2010, de prevención de bebidas alcohólicas aos menores de idade, leva a cabo diversos dispositivos policiais por toda a Comunidade Galega, para velar polo cumprimento da mesma e previr o consumo deste tipo de bebidas polos menores de idade.

Nestes dispositivos, ademais das denuncias pola infracción da Lei 11/2010, tamén se informa aos propietarios dos locais do seu contido, das actuacións que deben levar a cabo para o cumprimento da mesma e evitar o consumo de alcol entre os menores de idade, así como, que por parte da Policía Autonómica se continuará coas actividades necesarias para velar polo cumprimento da norma.


- Te recomendamos -