Inicio Galicia A Policía Autonómica leva a cabo 168 inspeccións para velar polo cumprimento...

A Policía Autonómica leva a cabo 168 inspeccións para velar polo cumprimento da Lei de prevención de bebidas alcohólicas en menores

0

A Policía Autonómica, dende a entrada en vigor da Lei 11/2010, de prevención de bebidas alcohólicas aos menores de idade, leva a cabo diversos dispositivos policiais por toda a comunidade galega

Axentes do grupo de Menores da Policía Autonómica levaron a cabo entre o 11 e o 17 de xuño un total de 168 inspeccións de control en 14 concellos galegos.

Por parte dos distintos Grupos de Menores da Policía Autonómica da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo nesta pasada semana realizáronse 35 dispositivos de control de menores en risco de desamparo (absentismo escolar e consumo de alcohol/tabaco e drogas en menores de idade), nos concellos de A Coruña, Ames, Bueu, Cambre, Coles, Lugo, Marín, Mazaricos, Ourense, Pontevedra, Ribeira, Rodeiro, Santiago de Compostela e Vilamarín.

Como resultado do dispositivo levado a cabo, foron identificadas 75 persoas e inspeccionadas 168 zonas de ocio, locais e centros comerciais. Levantáronse 18 actas de infracción, todas elas por consumo de alcol.

A Policía Autonómica, dende a entrada en vigor da Lei 11/2010, de prevención de bebidas alcohólicas aos menores de idade, leva a cabo diversos dispositivos policiais por toda a Comunidade Galega, para velar polo cumprimento da mesma e previr o consumo deste tipo de bebidas polos menores de idade.

Nestes dispositivos, ademais das denuncias pola infracción da Lei 11/2010, tamén se informa aos propietarios dos locais do seu contido, das actuacións que deben levar a cabo para o cumprimento da mesma e evitar o consumo de alcol entre os menores de idade, así como, que por parte da Policía Autonómica se continuará coas actividades necesarias para velar polo cumprimento da norma.


- Te recomendamos -