No que vai de ano a Policía Autonómica leva investigadas un total de 27 persoas como presuntas autoras de incendios forestais
A Policía Autonómica de Ourense vén de esclarecer un incendio que tivo lugar o pasado 21 de maio, no lugar de Caveanca, no concello de Ourense.
Os axentes tomaron declaración en calidade de investigado a un varón por este suceso. O lume produciuse debido ao escape dunha queima non autorizada que o investigado realizou nunha finca sen adoptar ademais as medidas de seguridade precisas. O incendio afectou 0,19 hectáreas de monte raso. Polos feitos, remitíronse dilixencias ao Xulgado de Instrución de Garda de Ourense.
No que vai de ano a Policía Autonómica leva investigadas a un total de 27 persoas como presuntas autoras de incendios forestais.
- Te recomendamos -