No que vai de ano a Policía Autonómica leva investigadas un total de 34 persoas como presuntas autoras de incendios forestais
Axentes da Xefatura da Policía Autonómica de Santiago de Compostela, en colaboración co persoal do Distrito Forestal IV-Barbanza, esclareceron un lume no concello coruñés de Rianxo e procederon a detención dun varón como presunto autor do mesmo.
O lume tivo lugar o pasado 26 de agosto na parroquia de Leiro e produciuse polo lanzamento de foguetes pirotécnicos con motivo da celebración na igrexa parroquial. Afectou a unha superficie rasa de 2,10 hectáreas de monte arborado.
As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución en funcións de garda de Padrón. No que vai de ano a Policía Autonómica leva investigadas un total de 34 persoas como presuntas autoras de incendios forestais.
- Te recomendamos -