Actualmente a Policía Autonómica ten asignada a protección dun total de 275 vítimas de violencia de xénero
Axentes da Policía Autonómica detiveron a tres varóns nos concellos de Ourense, Pontevedra e Santiago de Compostela por presuntos delito de violencia de xénero ás súas parellas.
O derradeiro día 22 de decembro, axentes da Policía Autonómica de Ourense a través dunha chamada dun particular que manifestaba que no interior dun bar desta cidade atopábase un home que mantiña unha forte discusión cunha muller e a súa filla, procederon á detención dun varón por ameazas de morte contra a súa ex-parella.
O día 25 de decembro, axentes da Policía Autonómica de Pontevedra, trasladáronse ao lugar de Campañó onde procederon á detención dun varón por un posible delito relacionado de violencia de xénero, xa que o mesmo, ao parecer en estado de embriaguez e baixo a influencia de sustancias estupefacientes, atopábase insultando e ameazando e en actitude agresiva á súa ex-parella e o seu fillo.
No día de onte, axentes da Policía Autonómica de Santiago de Compostela, procederon á detención dun varón por un posible delito relacionado coa violencia de xénero cando estaban facendo labores preventivas de vixilancia nas inmediacións do enderezo dunha muller asignada á unidade e cunha Orde de Protección en vigor, procederon a detención da súa ex-parella de por incumprir unha Orde de Afastamento.
Actualmente a Policía Autonómica ten asignada a protección dun total de 275 vítimas de violencia de xénero.
- Te recomendamos -