Inicio Galicia A natureza e a paisaxe son a principal motivación pola que o...

A natureza e a paisaxe son a principal motivación pola que o 42,5% dos turistas elixen visitar Galicia, seguida da enogastronomía

0

A Xunta destina o 37% dos seus investimentos en materia turística á paisaxe, os recursos naturais e a sustentabilidade a través da Estratexia do turismo 2020


A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, acompañada do delegado territorial de Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, pronunciou hoxe a conferencia inaugural do Curso de Verán Turismo e paisaxe dentro da 11ª edición dos Seminarios de Verán sobre a Paisaxe da Universidade de Santiago de Compostela. Baixo o título Galicia Parabéns: a mellor imaxe de Galicia, Castro repasou as políticas que a Xunta está a desenvolver nesta materia a través da Estratexia do turismo de Galicia 2020 e salientou a relevancia que teñen na Comunidade como destino e na opinión dos viaxeiros.

En particular, a directora detívose no proxecto dos premios Galicia Parabéns, dotados de 1,6 millóns de euros nas súas dúas primeiras edicións e que buscan tres obxectivos: distinguir as mellores iniciativas xa realizadas de embelecemento do territorio galego, financiar novos proxectos que complementen as actuacións levadas a cabo e impulsar novas propostas de actuacións que teñan esta mesma orientación. Os primeiros galardoados foron os concellos de Boqueixón e Portomarín, aos que proximamente se unirán dúas novas localidades.“A paisaxe é un dos elementos aos que máis importancia concede a Estratexia do turismo de Galicia 2020”, sinalou Nava Castro ao referirse ao documento que guía as actuacións da Xunta neste eido e que foi deseñado en consenso co sector para afondar nun destino de calidade, tranquilo e responsable. Esta aposta tradúcese no seu orzamento, pois a paisaxe, os recursos naturais e a sustentabilidade concentran máis de 88 millóns de euros, é dicir, o 37% do total de investimentos da Estratexia 2020, con accións ao longo de catro anos.

Leer más:  Ninguno de los municipios gallegos con zonas de gran afluencia prevé seguir a Santiago e implantar una tasa

A través deste investimento, avánzase en catro direccións: o impulso ao uso turístico sustentable da paisaxe, a recuperación e mantemento de núcleos singulares, o control de capacidade de carga e redistribución de fluxos e a sustentabilidade das infraestruturas.

Valoración dos peregrinosNava Castro salientou tamén que a natureza e a paisaxe son a principal motivación pola que os turistas visitan Galicia. Así o afirma un 42,5% os viaxeiros, seguidos dun 25,8% que elixe a enogastronomía e dun 24,9% que valora especialmente a tranquilidade e o descanso.

O mesmo patrón repítese cos peregrinos. Segundo o Estudo do impacto socieconómico do Camiño de Santiago elaborado pola Universidade de Santiago de Compostela a petición da Xunta, a contorna natural é o elemento máis apreciado polos que peregrinan en grupo e o terceiro entre quen o fai en solitario tras a seguridade e a interacción con outros peregrinos.“A paisaxe, como recurso estratéxico, debe ser preservada e posta en valor tamén desde un punto de vista turístico, garantindo sempre a sustentabilidade do espazo natural”, salientou Nava Castro, quen detallou os proxectos gañadores da I edición dos Galicia Parabéns.

Leer más:  El Ayuntamiento de Santiago ha formado la comisión negociadora de su primer plan de igualdad, la cual está presidida por la alcaldesa

Proxectos premiadosA actuación distinguida co galardón no concello de Boqueixón é a mellora do Pico Sacro e a súa contorna. Trátase dun cumio ao que nos últimos anos se destinou un importante esforzo para a súa posta en valor como referente xeográfico, paisaxístico, histórico e lendario, e fito clave no relato xacobeo. A través desta convocatoria, é posible o reacondicionamento do Centro de Interpretación do Pico Sacro, a integración paisaxística de edificacións como o deposito de augas na faldra da montaña e a recuperación da harmonía entre arquitectura e paisaxe co derrubamento dunha estrutura de formigón abandonada desde hai décadas.

No caso de Portomarín, o proxecto gañador foi a reordenación do Parque de Agustín do Río, o que permitirá embelecer a primeira estampa que teñen da vila os peregrinos que chegan polo Camiño Francés e dotar de novos servizos a veciños e visitantes. A proposta busca realizar unha intervención neste parque urbano, replantando unha trintena de carballos e incorporando unha seria de elementos novos, ademais da demolición de gradas de formigón e a colocación de xardíns verticais cos que mimetizar o impacto visual dos muros.

Leer más:  Incautan 104 litros de licor sin etiquetar escondidos en bidones de plástico en un bar de Santa Comba (A Coruña)

- Te recomendamos -