Inicio Galicia A innovación pedagóxica protagoniza dous días de reflexión e debate no Gaiás...

A innovación pedagóxica protagoniza dous días de reflexión e debate no Gaiás con ?InquEDU: Falemos de Educación?

0

Román Rodríguez visitou este venres o evento, onde compartiu uns intres cos estudantes de secundaria de diferentes centros de ensino de Galicia que participaron na final do concurso de oratoria ComunicaTedu


Todas as persoas interesadas na innovación educativa teñen unha cita hoxe e mañá na Cidade da Cultura de Galicia. O Museo Centro Gaiás convértese nun espazo para coñecer proxectos pedagóxicos innovadores que se están a desenvolver en Galicia e tamén fóra, promovendo unha mellor integración e concienciación da cativada nas aulas a través de abordaxes innovadoras como a música, a arte ou a maxia.

Estas son algunhas das cuestións que trata InquEDU: Falemos de Educación, un encontro promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Galicia Sustentable, e enmarcado na programación do Centro de Emprendemento do Gaiás. Dirixido a toda a comunidade educativa, tanto estudantes, como mestres e familias, o evento procura compartir iniciativas, divulgar ideas e proxectos pedagóxicos innovadores, así como fomentar o debate e a reflexión sobre novas propostas educativas.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, achegouse esta mañá ata o evento onde compartiu uns intres cos protagonistas desta primeira xornada: os estudantes finalistas dos premios ComunicaTedu, unha iniciativa do seu departamento dirixida a impulsar as competencias orais activas do alumnado. O titular de Educación felicitou aos rapaces e rapazas polo seu traballo e agradeceu aos docentes a súa aposta por “fomentar unha aprendizaxe lúdica, rachando con tópicos como que a biblioteca ou a escola son lugares aburridos”. Rodríguez reiteraba así a súa aposta por un modelo educativo innovador e inclusivo “no que aprendizaxe sexa lúdica, e o lúdico sirva para a aprender”.

Leer más:  COMUNICADO: Innovación educativa en el Fostering Dialogues organizado por UIC Barcelona

ComunicaTedu proponse dar resposta á necesidade de afondar na competencia en comunicación lingüística do alumnado por parte dun conxunto numeroso de centros galegos, que manifestaron este interese a través da oferta da materia de Oratoria. A temática do concurso este ano xirou ao redor da “Alimentación como hábito de vida saudable". Como resultado, presentaron no Gaiás os seus proxectos discursivos 10 equipos de estudantes de ensino secundario procedentes de seis centros de ensino –CPI As Mirandas de Ares, CPI Cruz do Sar de Bergondo, IES Plurilingüe Pedra da Aguia de Camariñas, IES Chamoso Lamas do Carballiño, IES Frei Martín Sarmiento de Pontevedra e IES Carlos Casares de Vigo–, así como os profesores encargados de coordinar os seus proxectos. De entre todos foron premiados os tres mellores discursos, galardóns que recaeron no IES Plurilingüe Pedra da Aguia de Camariñas (3º), o IES Carlos Casares de Vigo (2º) e no CPI As Mirandas de Ares (1º premio). O secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Oitavén; o subdirector xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado, Manuel Vila; e a responsable do Centro de Emprendemento do Gaiás, Berta Álvarez-Buylla, entregaron os galardóns.

Leer más:  COMUNICADO: Innovación educativa en el Fostering Dialogues organizado por UIC Barcelona

Reflexión sobre os cambios e desafíos da educaciónInquEDU 2018 continúa na tarde de mañá sábado cunha programación máis enfocada a público adulto –tanto docentes como nais e pais– para a que aínda está aberto o rexistro de balde en inquedu.org. A xornada inclúe charlas nas que expertos educadores compartirán iniciativas que se están a desenvolver en centros escolares de Galicia, así como novas tendencias e desafíos en innovación educativa a nivel internacional.

Os asistentes poderán coñecer por exemplo o espectáculo Aprender por arte de maxia, que adapta recursos e ferramentas dos shows de maxia para mellorar a experiencia na aula tanto a nivel emocional como curricular. É unha idea dos magos, enxeñeiros e docentes Carlos Pastor e Chema de la Torre, que crearon un proxecto docente sobre como algo pode resultar absolutamente imposible de entender ou totalmente trivial en función dos pasos concretos á hora de transmitilo.

Contarase tamén coa participación de relatores como María Acaso, unha das voces de referencia en España e América Latina dentro da denominada Revolución Educativa. Pola súa banda o docente e director de coros Ramón Bermejo, que traballa sobre o canto coral como vehículo de integración na aula, explicará a súa experiencia dirixindo un coro formado por un milleiro de nenas e nenos en Navantia (Ferrol). Tamén estarán presentes a coordinadora e ideóloga do proxecto educativo A Vila do Mañá, Sandra González, a mestra de educación primaria Laura Lorenzo e o comunicador e director teatral Vicente Mohedano, que pechará InquEDU 2018 cun sorprendente discurshow didáctico.

Leer más:  COMUNICADO: Innovación educativa en el Fostering Dialogues organizado por UIC Barcelona

Innovación e emprendementoA innovación e o emprendemento, tamén desde as idades máis temperás é, xunto coa tecnoloxía e a cultura, un dos tres eixos de acción nos que opera a Cidade da Cultura. O Centro de Emprendemento do Gaiás continúa a consolidarse como o maior de Galicia tanto por número de empresas e emprendedores residentes como pola cantidade e calidade da súa programación anual. Destinada a estimular o talento, a reflexión e a creación de cultura emprendedora en Galicia promove accións formativas ou eventos, como InquEDU ou os Premios Gaiás Sixto Seco, que nos vindeiros meses convocarán a súa sexta edición para recoñecer e apoiar os mellores proxectos do ámbito cultural. O Gaiás acolle tamén este ano a segunda edición dun dos eventos máis agardados pola cativada innovadora de Galicia, a Maker Faire, a maior feira de inventores do mundo que o ano pasado na súa primeira edición congregou a máis de 10.000 visitantes. No que vai de 2018, ao redor dun milleiro de persoas participaron xa nas distintas accións formativas e eventos do Centro de Emprendemento. Citas como Atlantic Emprende + Gaiás, encontros para emprendedores, profesionais, estudantes e empresas do sector musical, CreaGaiás, xornada sobre emprendemento nas industrias creativas e culturais, ou agora InquEDU. 


- Te recomendamos -