Inicio Galicia A iniciativa da Xunta ?Comercio con talento? premia catro establecementos vigueses

A iniciativa da Xunta ?Comercio con talento? premia catro establecementos vigueses

0

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, entregou hoxe os diplomas a Green Granel, Bekari Maestros Panaderos, Rei Zentolo e Absinthe, a proposta de alumnos do Colexio Mendiño

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, entregou hoxe aos establecementos vigueses Green Granel, Bekari Maestros Panaderos, Rei Zentolo e Absinthe os premios do certame Comercio con talento, unha iniciativa coa que a Xunta pretende impulsar a innovación e o emprendemento no sector comercial entre o alumnado de formación profesional.

Con esta acción, na que participaron estudantes de ciclos formativos relacionados co comercio de toda Galicia, búscase impulsar a participación e o contacto do alumnado coa realidade do sector, complementando a súa formación; potenciar a innovación, o emprendemento e a incorporación do talento á actividade comercial de proximidade, así como ás pemes deste sector; e incrementar o coñecemento das novas tendencias do comercio, especialmente das novas tecnoloxías.

Para participar no concurso, o alumnado estudou o comercio da súa cidade para, finalmente, seleccionar un negocio de acordo a criterios como o espazo físico, a xestión, o produto ou a atención ao cliente. Posteriormente, os participantes elaboraron un proxecto sobre o comercio elixido.

Leer más:  Monterroso se mostró contento con la acogida de migrantes: "Hablas con ellos y te das cuenta de que solo quieren que les escuches"

Un xurado especializado escolleu os nove comercios con máis talento de entre os propostos e fixo unha preselección de cinco para ser escollidos no Facebook do Portal do Comerciante, polo que un dos 10 premios decídese polo número de “me gusta” recibidos. Os autores dos 10 proxectos gañadores reciben como premio un iPad wifi 32GB.

No que respecta a Bekari Maestros Panaderos, situado na rúa Carral, foi proposto por Anxo Franco, do curso medio de Actividades Comerciais no Colexio Mendiño de Vigo, ao igual que os outros tres estudantes premiados na cidade. Este establecemento comercializa diversos tipos de pans e pasteis feitos con fariñas galegas. Ademais, a través das redes sociais, informan da innovación e creatividade en novos produtos que amosan os beneficios dun pan artesán e sen aditivos.

No caso de Green Granel, foi premiado a proposta de Margarita Couso, tamén alumna do curso medio de Actividades Comerciais do Colexio Mendiño de Vigo. O establecemento, situado na rúa Aragón, céntrase na alimentación natural a granel. No proxecto, a estudante destaca que este comercio realiza pequenos talleres de cociña libre de tóxicos e fan tamén charlas orientadas á sensiblización do medioambiente e o consumo sustentable.

Leer más:  El Gobierno central defenderá en el Tribunal de Justicia de la Unión Europea la normativa estatal para la aprobación de proyectos eólicos, según la Xunta

Pola súa banda, Alexandra Prieto Vila propuxo ao establecemento Rei Zentolo da rúa Príncipe, destacando que este negocio, con presenza en distintas cidades galegas, desenvolve un novo concepto de produto de regalo atemporal baseándose no imaxinario colectivo local e adaptándoo ás correntes estéticas máis actuais.


- Te recomendamos -