Inicio Galicia A iniciativa da Xunta Comercio con talento premia a Lolita Kids de...

A iniciativa da Xunta Comercio con talento premia a Lolita Kids de Noia

0

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, entregou hoxe o diploma ao establecemento, galardoado a proposta dunha alumna do CPR María Assumpta


A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, entregou hoxe á tenda de moda infantil Lolita Kids de Noia un dos premios do certame Comercio con talento, unha iniciativa coa que a Xunta pretende impulsar a innovación e o emprendemento no sector comercial entre o alumnado de formación profesional.

Con esta acción, na que participou alumnado de ciclos formativos relacionados co comercio de toda Galicia, búscase impulsar a participación e o contacto dos estudantes coa realidade do sector, complementando a súa formación; potenciar a innovación, o emprendemento e a incorporación do talento á actividade comercial de proximidade, así como ás pemes deste sector; e incrementar o coñecemento das novas tendencias do comercio, especialmente das novas tecnoloxías.

Para participar no concurso, o alumnado estudou o comercio da súa comarca para, finalmente, seleccionar un negocio de acordo a criterios como o espazo físico, a xestión, o produto ou a atención ao cliente. Posteriormente, os participantes elaboraron un proxecto sobre o comercio elixido.

Leer más:  Ninguno de los municipios gallegos con zonas de gran afluencia prevé seguir a Santiago e implantar una tasa

Un xurado especializado escolleu os nove comercios con máis talento de entre os propostos e fixo unha preselección de cinco para ser escollidos no Facebook do Portal do Comerciante, polo que un dos 10 premios decídese polo número de “me gusta” recibidos. Os autores dos 10 proxectos gañadores reciben como premio un iPad wifi 32GB.

No caso de Lolita Kids, foi proposto por Estefanía León, alumna do ciclo medio de Actividades Comerciais no CPR María Assumpta de Noia. No seu traballo, lembra que o establecemento provén da coñecida Lolita Moda, que ofrece roupa de home e de muller. A primeira apertura de Lolita Kids foi en Boiro, en febreiro de 2010, e hoxe en día de dous puntos de venda máis, situados en Noia e en Ribeira. No 2011 lanzaron a súa propia tenda on line, que comparten con Lolita Moda, e tamén venden a través doutras plataformas. Estefanía León destaca tamén no seu proxecto que este negocio acode a feiras internacionais e colabora con eventos benéficos e clubs deportivos, ademais de prestar servizo de atención vía whatsapp e dispoñer de redes sociais. 

Leer más:  Un camionero fallece al ser embestido por un vehículo después de descender del camión por un pinchazo en una rueda en la A-52 en Toén (Ourense)

- Te recomendamos -