Inicio Galicia A Indicación Xeográfica Protexida Pan de Cea superou o pasado ano o...

A Indicación Xeográfica Protexida Pan de Cea superou o pasado ano o millón de euros en facturación

0


O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Manuel Rodríguez, asistiu hoxe á XXVII edición da festa de exaltación do Pan de Cea, no concello ourensán de San Cristovo de Cea. Alí, destacou o peso que foi acadando este selo de calidade ata facturar máis de 1 millóns de euros no pasado exercicio.

O director salientou a fama que ten este produto na nosa comunidade, ben coñecido por todos os galegos, e puxo en valor os preto de 500.000 quilos de pan que se produciron o pasado ano, cantidade que aumentou nos último anos un 40% grazas á calidade deste pan tan característico.  


- Te recomendamos -