Inicio Galicia A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 garante a continuidade e calidade...

A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 garante a continuidade e calidade do servizo de transporte sanitario urxente terrestre

0

Xa se iniciaron os trámites para unha nova licitación do contrato

Tanto a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 como a Federación Galega de Empresarios de Ambulancias, garanten a continuidade da prestación do servizo de transporte sanitario urxente terrestre nas mesmas condicións de calidade que se vén prestando este servizo esencial para a cidadanía.

A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 xa comenzou cos trámites para iniciar unha nova licitación para que as actuais empresas poidan rematar os contratos vixentes nas datas inicialmente previstas. Ao tratarse dun servizo esencial para a cidadanía, non poderá deixar de prestarse ata que haxa unha nova empresa adxudicataria.


- Te recomendamos -