Inicio Galicia A Fundación Galicia Europa organiza dúas novas edicións do programa de especialización...

A Fundación Galicia Europa organiza dúas novas edicións do programa de especialización en financiamento comunitario TecEuropa

0

Cun total de 40 prazas,a primeira parte das dúas edicións celebrarase de forma conxunta en Bruxelas no mes de novembro; celebrándose a segunda parte, en dúas quendas, en Santiago de Compostela no mes de decembro.

A Fundación Galicia Europa (FGE) organiza dúas novas edicións, de 20 prazas cada unha, do seu programa de especialización en materia de financiamento comunitario ‘TecEuropa’. O prazo de presentación de solicitudes para este curso, dirixido ao persoal das entidades galegas interesadas en participar en proxectos europeos, dará comezo mañá 11 de agosto, tras publicarse hoxe a convocatoria no Diario Oficial de Galicia, e remata o 10 de setembro.

As candidaturas deberán ser presentadas, preferiblemente, por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (código do procedemento: PR816LA). A presentación electrónica será obrigatoria para os empregados públicosAdemais do formulario de solicitude, os candidatos deberán axuntar unha memoria explicativa do interese na actividade formativa por parte da entidade na que traballa, unha breve presentación das propostas de proxectos europeos nos que está a traballar ou nos que participou dita a entidade e, de ser o caso, acreditación de formación específica en asuntos europeos e en idiomas.

Leer más:  Se está investigando a un residente de Noia (A Coruña) después de descubrir una plantación de marihuana en una finca contigua a su casa

Datas e candidatosA primeira parte das dúas edicións celebrarase de forma conxunta en Bruxelas durante os días 26 e 30 de novembro. A segunda parte terá lugar en Santiago de Compostela os días 11 e 12 de decembro para a primeira edición, e 13 e 14 decembro para a segunda a edición. Co fin de asegurar unha representación equilibrada do persoal das distintas entidades reservaranse, en cada unha das edicións, 7 prazas para persoal dalgunha das entidades membros do padroado da FGE (Xunta de Galicia, ABANCA, Consorcio Zona Franca de Vigo, Deputación de A Coruña, Deputación de Lugo e Axencia Galega de Innovación); 6 prazas para persoal das entidades locais galegas; 4 prazas para persoal de entidades do terceiro sector en Galicia e 3 prazas para persoal vinculado con algunha das demais entidades públicas ou privadas galegas sen ánimo de lucro.

Programa formativoO programa TecEuropa, que celebrará xa a súa quinta e sexta edición, está composto por unha parte teórica, que se desenvolverá na oficina da FGE en Bruxelas, e unha parte práctica que se levará a cabo en Santiago de Compostela.

Leer más:  La primera semana de octubre, Juan Carlos I, Felipe VI y Leonor se encontrarán en distintas ubicaciones de la ría de Pontevedra

Así, durante a súa estadía en Bruxelas, os participantes recibirán formación especializada sobre o marco financeiro comunitario 2014-2020, ademais de visitar as sedes das institucións europeas co obxectivo de coñecer de primeira man as súas competencias e funcionamento. Os días de formación en Santiago de Compostela dedicaranse a prácticas de planificación, preparación de candidaturas, redacción técnica e desenvolvemento de proxectos europeos.

Esta formación ten por obxectivo familiarizar aos participantes co financiamento comunitario e as diferentes políticas nas que se encadra, fomentar o desenvolvemento dunha rede de técnicos de proxectos europeos en Galicia e axudar ás entidades participantes a sacar o máximo proveito das oportunidades que ofrece a Unión Europea.


- Te recomendamos -