Inicio Galicia A excelencia do alumnado de FP, premiada nas Galicia Skills 2018

A excelencia do alumnado de FP, premiada nas Galicia Skills 2018

0

A conselleira de Educación presidiu hoxe a entrega de medallas desta competición, organizada polo seu departamento

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, presidiu hoxe a entrega das medallas do certame Galicia Skills 2018, que se celebra desde o pasado mércores na Feira Internacional de Galicia Abanca (Silleda), organizadas pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Un total de 137 alumnos participantes, acompañados dos seus titores, de 52 centros públicos mediron nestes días as súas destrezas en 26 modalidades ou skills formativas, demostrando a excelencia das ensinanzas que reciben.

Durante a súa intervención Carmen Pomar sinalou a FP como unha “modalidade de formación de futuro, innovadora e adaptable aos cambios”. “Como resultado, hoxe a FP galega é un referente en todo o Estado e segue a liña dos principais países europeos neste ámbito como Alemaña, Suíza ou Austria”, dixo, “unha ensinanza moderna, dinámica, fonte de emprendemento e porta aberta ao emprego, ao axustarse ás particularidades sociais e económicas de Galicia”.

A conselleira quixo tamén gabar a capacidade e valía do alumnado para desempeñar o traballo para o que se preparan. “Sodes un orgullo para todos nós, polo compromiso, o esforzo e a destreza demostradas”, destacou. Así mesmo, agradeceu a implicación de familias, profesorado e centros, polo apoio imprescindible que prestan. A titular de Educación resaltou tamén a colaboración das empresas, tanto neste campionato como cos centros, “que pon en valor a calidade e o atractivo das ensinanzas de formación profesional, motivando o alumnado e recoñecendo e estimulando o labor do profesorado”.

Competición e servizosAdemais das competicións nas skills, en Galicia Skills puideron verse tamén obradoiros de imaxe persoal, drons, artes gráficas e hospital de robots, así como demostracións de realidade virtual, con simuladores e 3D, e de cociña innovadora. Cómpre salientar que a maiores da súa participación no certame, foron 15 centros galegos os que se ocuparon dos servizos do evento: reprografía, atención a visitas, apoio administrativo…

De feito, o IES Fraga do Eume (Pontedeume) foi o encargado de servir hoxe o cóctel da gala de clausura, que foi amenizada coas actuacións do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo, do Conservatorio Superior de Música da Coruña e dos DJs do IES Xelmirez I (Santiago) . O deseño e realización das medallas correu a cargo do IES Politécnico de Vigo e a o IES Plurilingüe Pintor Colmeiro (Silleda) ocupouse da organización do acto de peche, que foi retransmitido en streaming polo alumnado do CIFP Imaxe e Son (A Coruña).

GalardoadosDos galardoados hoxe, os premiados con medalla de ouro competirán representando a Galicia en Spain Skills 2019. A relación de premiados –tanto medalla de ouro como de prata– pode consultarse na seguinte táboa. 

Normal

0

21

false

false

false

ES

X-NONE

X-NONE

MEDALLA E COMPETICIÓNCENTRO PARTICIPANTEALUMNO


- Te recomendamos -