Inicio Galicia A Escola Galega de Administración Pública acolle unha xornada de debate ao...

A Escola Galega de Administración Pública acolle unha xornada de debate ao redor da figura da corresponsabilidade parental

0

A directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos inaugurou a xornada xunto ao presidente do TSXG, Miguel Angel Cadenas


A directora da Escola Galega de Administración Pública, Sonia Rodríguez-Campos inaugurou esta mañá a “Xornada de corresponsabilidade parental no cese da convivencia de parella”, xunto ao presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Miguel Ángel Cadenas e o vicepresidente da Asociación Galega de Pais e Nais Separados, Abel Lamas.

Durante a inauguración a directora da Escola, Sonia Rodríguez-Campos indicou o innegable impacto social da materia, xa que a corresponsabilidade parental se configura como esencial en caso de ruptura da parella para conseguir, por unha banda, traballar a favor de que ambos os proxenitores teñan a oportunidade de participar de forma responsable do proceso de crianza e, por outra, atopar sempre a solución máis conveniente para o benestar dos menores.

A Xornada reúne a dezaseis expertos na materia procedentes dos ámbitos do dereito, a educación e a psicoloxía que, ao redor de catro mesas redondas, analizaron as repercusións xurídicas e psicoemocionais dos procesos legais de separación ou divorcio de parellas con fillos menores.

Leer más:  Se está investigando a un residente de Noia (A Coruña) después de descubrir una plantación de marihuana en una finca contigua a su casa

- Te recomendamos -