Inicio Galicia A EGAP reforza a formación relativa a contratación pública nas entidades locais...

A EGAP reforza a formación relativa a contratación pública nas entidades locais galegas co fin de lograr unha administración máis áxil, transparente e eficiente

0

O curso monográfico ‘A nova Lei de contratos do sector público na Administración local’ reúne hoxe e mañá en Santiago de Compostela a máis de 150 empregados públicos das entidades locais galegas


A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) iniciou hoxe un curso monográfico de dous días centrado na nova Lei de contratos do sector público na Administración local. Esta actividade reuniu en Santiago de Compostela a 150 empregados públicos procedentes das entidades locais galegas que recibirán formación específica sobre as novidades máis destacadas da nova normativa.Á inauguración desta actividade formativa asistiron Sonia Rodríguez-Campos, directora da EGAP; Marta Fernández-Tapias Núñez, directora xeral de Administración Local; Elena Barba Pan, secretaria da Xunta Consultiva de Contratación Administrativa; e Patricia Iglesias Rey, xefa do Gabinete de Estudos e Dereito Comunitario da Asesoría Xurídica Xeral. Durante este acto, a directora da EGAP destacou a importancia deste curso monográfico ao lembrar que “a contratación é unha das actividades que máis traballo supón nas entidades locais, tanto polo seu volume como pola súa complexidade”.

Leer más:  Feijóo se siente tranquilo ante la comisión de investigación gallega sobre varios contratos de la Xunta

A aprobación da nova Lei de contratos do sector público supuxo na Escola un reforzo da dita materia tanto a través da convocatoria de novos cursos de formación continua como de cursos superiores ou monográficos co fin de lograr unha Administración máis áxil, transparente e eficiente. “Neste contexto de cambio o papel de organismos como a EGAP é fundamental ao ofertar unha formación de calidade aos profesionais das administracións para axudarlles a xestionar do mellor xeito posible unha materia tan complexa como a contratación”, sinalou Sonia Rodríguez-Campos.

Por outra banda, a directora xeral de Administración local recoñeceu a importancia de organizar xornadas coma esta co obxectivo de acadar unha administración máis eficiente e co fin de axudar a resolver as dúbidas que poidan xurdir na aplicación da nova Lei, xa que de todas as administracións que se inclúen na aplicación desta norma é a Administración local a que se atopa “con máis dificultades para a súa interpretación e o seu cumprimento”, ao contar con menos medios materiais e humanos e coas mesmas obrigas legais.

Leer más:  Del Prestige a Pelegrín o la inacabable comisión de cajas: historia de las investigaciones políticas en el Parlamento

- Te recomendamos -