Inicio Galicia A directora da Amtega avoga polo impulso de proxectos tractores entre o...

A directora da Amtega avoga polo impulso de proxectos tractores entre o sector público e o privado para facilitar a transformación dixital

0

Mar Pereira inaugurou hoxe o encontro Galicia TIC 2018 na Cidade da Cultura


A Axenda Dixital de Galicia 2020 a aposta por un uso intensivo da colaboración público- privada para impulsar a transformación dixital dos diferentes sectores económicos de Galicia. A directora da Axencia para a Modernización tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, sinalou esta mañá que a Administración autonómica avoga por este modelo que axuda, ademais, a que as solucións innovadoras que se aplican teñan percorrido no mercado e axuden a visibilizar as vantaxes da dixitalización.

Durante a inauguración de Galicia TIC 2018, Mar Pereira afirmou que a transformación dixital nos segmentos empresariais de menor tamaño é un camiño de longo percorrido, que precisa dun liderado dentro da propia empresa e tamén de exemplos tanxibles que animen ás pemes a avanzar neste camiño. Neste sentido, a responsable autonómica destacou os plans da Axenda Dixital galega para modernizar ámbitos clave como o Smart Turismo, orientado a impulsar Galicia como destino turístico intelixente; a Memoria Dixital para mellorar a accesibilidade e a conservación do patrimonio cultural galego; o Primare para promover a modernización dos sectores agrario e da pesca; o Dico Mindset para favorecer innovación e a competitividade non ámbito dos contidos dixitais ou o Plan de Modernización do Transporte por estrada.

Ademais destes Plans, a Axenda Dixital de Galicia 2020 contempla medidas para que as empresas integren a tecnoloxía nas decisións estratéxicas e operativas de negocio con programas específicos como o ReaccionaTIC, do que se beneficiaron 250 empresas en dous anos ou o AceleraTIC para directivos de pemes, no que participaron 50 empresas. AO Centro Demostrador TIC, punto de encontro entre a oferta TIC e a demanda doutros sectores, desenvolveu máis de 400 actividades divulgativas desde 2015.

Con estas actuacións búscase que as pemes avancen no uso das TIC como un instrumento para posicionarse no mercado e mellorar a súa competitividade. O último informe do Osimga apunta avances da dixitalización empresarial pero constata a fenda entre as empresas grandes e as microempresas. Así mentres o 77,7% das empresas de 10 ou máis empregados dispón de páxina web, esta porcentaxe redúcese ao 26,2% das microempresas galegas. No caso do comercio electrónico, un 20,5% das empresas de 10 ou máis empregados venderon electronicamente os seus produtos ou servizos no último ano mentres que só o 2,4% das microempresas o fixeron.


- Te recomendamos -