Os premios Best in Class cumpren este ano a súa decimoterceira edición constituíndo un recoñecemento sanitario de primeiro nivel
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade vén de ser nominada aos premios Best in Class na categoría de Saúde Pública que recoñece a excelencia neste campo da saúde pública e a prevención.
Os premios Best in Class teñen como obxectivo recoñecer publicamente ao mellor centro de atención primaria, o mellor hospital e os mellores servizos e unidade do territorio nacional que buscan a excelencia na atención que prestan aos seus pacientes.
Os premios Best in Class cumpren este ano a súa decimoterceira edición constituíndo un recoñecemento sanitario de primeiro nivel no que a calidade e excelencia da sanidade se refire.
A categoría na que está nominada a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade recoñece os esforzos das comunidades autónomas en diferentes ámbitos da xestión sanitaria, neste caso no ámbito da saúde pública e a prevención.
- Te recomendamos -