Inicio Galicia ?A derradeira leición do mestre?, de Castelao chega á Cidade da Cultura

?A derradeira leición do mestre?, de Castelao chega á Cidade da Cultura

0


Santiago de Compostela, 01 de outubro de 2018.- A derradeira leición do mestre —obra icónica de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, considerada o ‘Guernica galego’— chegou esta tarde ao Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura desde o Centro Galicia de Buenos Aires. O óleo, de máis de 2 metros de altura, viaxou desde Arxentina a Madrid en avión na pasada fin de semana e foi trasladado por estrada ata o Gaiás, onde chegou escoltado por axentes da Policía Autonómica. O traslado levouse a cabo coas maiores condicións de seguridade e baixo os estándares profesionais máis rigorosos.

A derradeira leición do mestre exhibirase por primeira vez en Galicia na Cidade da Cultura, como peza central de Castelao maxistral, exposición organizada pola Consellería de Cultura e Turismo que se inaugura este venres 5 de outubro e que rende homenaxe ao papel que xogaron na construción do ensino público os mestres e mestras das tres primeiras décadas do século pasado (1900-1936).


- Te recomendamos -