Inicio Galicia A Denominación de Orixe Ribeira Sacra facturou o pasado ano uns 19...

A Denominación de Orixe Ribeira Sacra facturou o pasado ano uns 19 millóns de euros ao producir máis de 5.500 toneladas de uva

0


Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2018.- O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Manuel Rodríguez, asistiu hoxe en Monforte de Lemos ao xantar da XIV Cata dos Viños da Ribeira Sacra, onde destacou o peso deste selo de calidade na economía galega ao facturar o pasado ano preto de 19 millóns de euros.

A denominación de orixe Ribeira Sacra produciu na pasada campaña máis de 5.500 toneladas de uva, un aumento do 7% con respecto ao ano 2016. Estes datos avalan o bo traballo e esforzo dos 2.397 viticultores e 91 industrias inscritas. A zona amparada por este selo comprende parroquias e lugares de 20 municipios situados ao longo das ribeiras do Miño e do Sil, no sur da provincia de Lugo e no norte da provincia de Ourense, e está constituída polas subzonas de Amandi, Chantada, Quiroga-Bibei, Ribeiras do Miño e Ribeiras do Sil.

Leer más:  El Ayuntamiento de Santiago ha formado la comisión negociadora de su primer plan de igualdad, la cual está presidida por la alcaldesa

- Te recomendamos -