Inicio Galicia A Delegación Territorial da Xunta en Vigo súmase á campaña do Día...

A Delegación Territorial da Xunta en Vigo súmase á campaña do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero

0


A Delegación da Xunta en Vigo súmase á campaña institucional para o Día internacional para a eliminación da violencia de xénero, que se celebra o próximo 25 de novembro. A fachada da sede institucional loce desde onte o lema da presente edición, unha mensaxe clara e directa que reza “Fronte á violencia de xénero só cabe unha resposta. Sen ningún xénero de dúbida. NON”.

A Administración dille así NON a todas a formas de violencia de xénero que están recollidas na Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero e que se recollen no seu artigo 3: Violencia física, Violencia psicolóxica, Violencia económica, Violencia sexual e abusos sexuais, Acoso sexual, e a trata de mulleres e nenas con fins de explotación sexual.

A campaña rematará o próximo 25 de novembro, data na que terá lugar en Santiago de Compostela a sexta edición da andaina “Camiño ao respecto”, que sairá dende o Monte do Gozo ás 10:30 horas ata a Praza do Obradoiro coa lectura dun manifesto contra da violencia de xénero, aproximadamente ás 12:00 horas. 


- Te recomendamos -