Inicio Galicia A Delegación da Xunta en Lugo acolle a exposición Olladas da infancia:...

A Delegación da Xunta en Lugo acolle a exposición Olladas da infancia: Muralla encantada con fotografías do alumnado do Ceip Manuel Mallo de Nadela

0

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, inaugurou esta mostra que permanecerá aberta ata o 30 de xullo

Lugo, 15 de xuño de 2018.- A Delegación territorial da Xunta en Lugo acolle a exposición Olladas da infancia: Muralla encantada con fotografías do alumando do colexio Manuel Mallo Mallo de Nadela.

A inauguración da mostra correu a cargo do delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, acompañado dunha ampla representación da comunidade educativa do centro e doutras autoridades como a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, ou o capitán do Club Baloncesto Breogán, Salva Arco.

A exposición recolle as instantáneas de once autores, todos eles alumnas e alumnos do centro, que recibiron a felicitación do delegado e que teñen en común inmortalizar imaxes do monumento máis universal: a Muralla de Lugo “á que estes días volvemos a nosa mirada para lembrar o pasado romano da cidade”A mostra está composta por medio cento de imaxes, “os peregrinos que cruzan a Porta de San Pedro; os turistas que chegan á estación e entran por Campo Castelo; os propios lucenses, nos paseos polo adarve; os posados na Mosqueira…”Os once autores cursan sexto de educación primaria: Brais Fernández Rego, María Guo Fernández Salgado, Yago González Ron, Eva López Regueiro, Paula Maañón García, Laura Martín Pascual, Isabel Montoya Montoya, Jorge Pin Varela, Hugo Piñeiro López, Julia Prado Pita e Diego Varela Díaz.

O acto inaugural contou coas intervencións das autoridades presentes e tamén da directora do centro, María Teresa de Juan, da profesora e coordinadora da actividade, Gema Lombo. Tamén coa actuación musical a cargo do grupo RAS e do poeta Toño Núñez, que é docente no IES Palas de Rei.

Como complemento a cita serviu para poñer en valor unha iniciativa solidaria impulsada por este centro educativo, o proxecto 100×100 MEF2C, da que é embaixador o capitán do conxunto celeste, e que implica a venda de pulseiras para destinar os fondos á investigación médica deste síndrome.

A mostra poderá visitarse de 9.00 a 19.00 horas na sala de exposicións da Delegación territorial, desde hoxe mesmo ata vindeiro sábado 30 de xuño. 


- Te recomendamos -