Estabilizado o lume no concello da Gudiña, parroquia de Pentes, que afecta 35 hectáreas
A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13,30 h. de hoxe.
ACTIVO A GudiñaEstabilizado desde as 11,00 h. desta mañá o lume rexistrado no municipio da Gudiña, parroquia de Pentes, tras comezar esta madrugada ás 3,35 h. Segundo novas estimacións, a superficie afectada é de 35 hectáreas. No lugar participan 4 axentes, 14 brigadas, 4 motobombas, 1 pa e 5 helicópteros.
CONTROLADO MuíñosPermanece controlado desde as 16,55 h. de onte o incendio no concello ourensán de Muíños, parroquia de Requiás, que afecta o parque natural do Xurés. O lume comezou o xoves ás 22,05 h. e afecta 18,89 hectáreas de monte raso. Levan traballado neste lume 15 axentes, 34 brigadas, 11 motobombas, 1 pa, 6 helicópteros e 3 avións.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que se debe chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.
- Te recomendamos -