Inicio Galicia A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con...

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13,00 h

0

Controlado o incendio rexistrado no municipio pontevedrés de Mondariz, parroquia de Sabaxáns, que afecta unha superficie provisional de 150 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13,00 h. de hoxe.

CONTROLADO MondarizO incendio rexistrado no municipio de Mondariz, parroquia de Sabaxáns, quedou controlado ás 12,59 h. desta mañá, tras comezar onte ás 18,17 h. da tarde. Segundo últimas estimacións, afecta 150 hectáreas. Na súa extinción levan traballado 2 técnicos, 15 axentes, 46 brigadas, 27 motobombas, 4 pas, 1 tractor, 10 helicópteros e 2 avións.

CONTROLADO MuíñosPermanece controlado desde as 16,55 h. do sábado o incendio no concello ourensán de Muíños, parroquia de Requiás, que afecta o parque natural do Xurés. O lume comezou o xoves ás 22,05 h. e afecta 18,89 hectáreas de monte raso. Levan traballado neste lume 17 axentes, 38 brigadas, 13 motobombas, 1 pa, 6 helicópteros e 3 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que se debe chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.


- Te recomendamos -