Inicio Galicia A Consellería do Medio Rural destina este ano preto de 27 millóns...

A Consellería do Medio Rural destina este ano preto de 27 millóns de euros a impulsar as explotacións agrogandeiras da Terra Chá

0

O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, subliñou en Guitiriz o esforzo que está a realizar o sector na comarca para “constituír empresas modernas, tanto na xestión como nos métodos de produción” 


A Consellería do Medio Rural destina este ano 26,8 millóns de euros a impulsar a modernización das explotacións agrogandeiras da Terra Chá. O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, expuxo hoxe este dato durante unha visita a Guitiriz para coñecer unha das granxas que accedeu ás axudas dos plans de mellora.

Balseiro subliñou que esta é “unha das comarcas galegas na que se realiza un maior esforzo neste sector” e destacou o papel dos gandeiros, “que están apostando por constituír empresas modernas tanto na xestión como nos métodos de produción, empresas con futuro”. Proba do empuxe do sector gandeiro da Chaira, engadiu, é que este volume de axudas supón case a cuarta parte do que recibe o conxunto da provincia (o 23 por cento).

Así, explicou que a Consellería aprobou na comarca 100 expediente de axudas, 53 deles para a introdución de plans de mellora nas granxas, 39 pola incorporación de mozos e mozas á actividade agraria e oito para respaldar a outras tantas pequenas explotacións; suman achegas por valor de 3 millóns de euros. Ademais, na comarca hai preto de 3.000 explotacións que reciben axudas da PAC por importe conxunto de 23,8 millóns de euros.

Leer más:  El PSdeG pide a la Xunta un Plan de Formación adicional para los profesionales de la salud

Balseiro visitou unha explotación que recibiu apoios da Xunta na última convocatoria para adquirir diversa maquinaria. Trátase da Sociedade Agraria de Transformación (SAT) A Portagándara, que incorporou, entre outros, unha amamantadora e un robot arrimador de alimentación para o gando. Neste contexto, o delegado destacou que as novas fórmulas empresariais e a introdución da tecnoloxía nas tarefas agrícolas xogan un importante papel no fomento do relevo xeracional no agro, “un factor fundamental para o desenvolvemento socioeconómico de Lugo”, afirmou.

Balance do municipioO concello de Guitiriz recibiu este ano 4 millóns de euros a través dos programas citados; sufragáronse 14 expedientes de plans de mellora -con axudas por importe de 420.000 euros-, cinco de incorporación de mozos -125.000 euros de subvención en total- e dous para pequenas explotacións -que suman 30.000 euros-, e recibiron pagos da PAC máis de 350 explotacións por importe conxunto de 3,5 millóns de euros.

Balseiro sinalou que, mediante estes investimentos, “a Xunta contribúe a que o sector gandeiro sexa un importante motor económico nesta provincia, e favorece que a xente moza elixa traballar e vivir no rural”.

Leer más:  Un trabajador del servicio de emergencias de Sanxenxo (Pontevedra) fallece tras sufrir una descarga eléctrica en su domicilio

- Te recomendamos -