Inicio Galicia A Consellería do Medio Rural busca mobilizar novas terras infrautilizadas na Cañiza

A Consellería do Medio Rural busca mobilizar novas terras infrautilizadas na Cañiza

0

O rexedor solicitou tamén proseguir coa reforma do secadoiro de xamón


O conselleiro do Medio Rural, José González, recibiu hoxe na delegación da Xunta en Vigo o alcalde da Cañiza, Miguel Domínguez, para atender as demandas do seu municipio en relación a posibles melloras a realizar no agro en beneficio dos veciños. Así, o principal tema a tratar foi un proxecto de mobilización de terras infrautilizadas na parroquia de Oroso.

No encontro, no que participou tamén o director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, abordouse a posibilidade de poñer a producir con algún tipo de cultivo estas parcelas, que ademais forman parte dunha zona de concentración parcelaria. De feito, persoal da consellería xa se ten trasladado ata o territorio para facer unha primeira análise. Así, prevese que técnicos da consellería se despracen en vindeiras datas ao lugar para avaliar as posibilidades dos predios para o uso agrícola. De ser positiva a valoración e viable o proxecto, iniciaríase ao longo do ano 2019.

Noutra orde de cousas, ambas partes valoraron tamén a posibilidade de continuar renovando o secadoiro de xamón do municipio, no que esta consellería xa colaborou no seu momento para renovar o solo.


- Te recomendamos -