A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, empezará a próxima semana reparación do dique flotante do peirao do Freixo, no municipio coruñés de Outes. Así o confirmou esta mañá o presidente de Portos de Galicia, nunha visita á zona.
Durán Hermida sinalou que esta obra se enmarca nas tarefas de reparación e mantemento que realiza Portos de Galicia en pantaláns e instalacións aboiantes de varios peiraos galegos. Neste caso, os traballos supoñen un importe de preto de 4.200 euros. En concreto, as tarefas consisten en reparar o dique flotante que abriga os pantaláns de embarcacións menores do porto e tamén danos puntuais nalgún finger. Prevese que as obras rematen tamén ao longo da semana que vén.
- Te recomendamos -