A directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez, apelou hoxe á implicación do sector pesqueiro e marisqueiro de cara a traballar para que os consumidores escollan os produtos do mar de Galicia ante outros doutros lugares. Así o trasladou hoxe na presentación do Festival ARVI do Peixe, Vigo SeaFest, celebrada hoxe na cidade olívica.
Neste contexto recordou que as iniciativas O sabor da aventura está no mar e Ponlle as pilas ao teu bocata, impulsadas pola Consellería do Mar para fomentar o consumo de produtos do mar galegos entre os escolares, chegaron dende o ano 2010 a arredor de 115.000 nenos e nenas. A directora xeral lembrou tamén que a Xunta puxo en marcha o programa de promoción O Noso Mar Marca precisamente para facer fincapé na diferenciación dos produtos do mar galegos e as iniciativas Do mar ao prato e Come o mar como métodos de valorización das calidades nutricionais destes produtos.
- Te recomendamos -