Inicio Galicia A Consellería de Cultura apoia o circuíto organizado pola Federación de Teatro...

A Consellería de Cultura apoia o circuíto organizado pola Federación de Teatro Afeccionado

0

A través dun convenio de colaboración, o departamento dirixido por Román Rodríguez achegará 30.000 euros a esta iniciativa

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e a presidenta da Federación Galega de Teatro Afeccionado (FEGATEA), Mª Consuelo Pampillón Alonso, veñen de asinar un convenio de colaboración a través do que o departamento de Cultura da Xunta de Galicia apoiará un circuíto teatral a nivel autonómico organizado pola devandita entidade, cunha achega de 30.000 euros.

Deste xeito a Consellería favorece a existencia dunha ampla oferta cultural descentralizada, á par que se facilita a difusión do teatro amador ao longo e ancho do territorio galego. Cómpre sinalar, ademais, que FEGATEA tamén está a promocionar o teatro amador galego no resto do Estado e mesmo en Portugal a través da Plataforma PLATTA, da que é promotora.

O circuíto teatral consiste na programación de catro funcións teatrais por sede –repartidas por toda Galicia–, cun total de 60 representación, das que FEGATEA achegará 12 funcións de teatro. Ademais, desenvolveranse outras 6 funcións entre o Salón Teatro e o Teatro Principal de Santiago, que achegarán á capital galega as últimas propostas escénicas de grupos federados das catro provincias.

Leer más:  La Asociación Empresarial Gallega de Ascensores advierte que más de 1.000 podrían quedar "paralizados" el 1 de octubre

Desta forma o circuíto promove a mobilidade xeográfica dos grupos de teatro –que non poderán actuar na cidade na que radica o seu domicilio social–, o que redunda nun importante movemento económico, tanto no relativo ao desprazamento, como no que atinxe ás actividades vencelladas: vestiarios, iluminación, sons..

FEGATEA está composta na actualidade por 53 agrupacións teatrais representativas das catro provincias galegas, o que constitúe a maior estrutura teatral organizada que existe neste momento en Galicia. Compre salientar, ademais, que os grupos federados contribúen a desenvolver o movemento cultural e social das súas respectivas localidades. 


- Te recomendamos -