Inicio Galicia A cidade de Pontevedra acolle a exposición en 3D ?De mar a...

A cidade de Pontevedra acolle a exposición en 3D ?De mar a mar? coa que a Xunta de Galicia está a celebrar o ano do Camiño Portugués

0

A mostra poderá visitarse ata o 30 de xuño no Café Moderno Afundación e está composta por 33 fotografías que achegan unha nova perspectiva da ruta xacobea


A cidade de Pontevedra acolle ata o 30 de xuño a exposición en 3D De mar a mar, coa que a Xunta de Galicia está a celebrar o ano do Camiño Portugués. A mostra, que chega á cidade pontevedresa tras o seu paso por Fisterra e A Coruña nos últimos meses con éxito de público, é unha recompilación de varias fotografías en tres dimensións e de gran formato realizadas coa técnica estereográficaAs imaxes retratan o patrimonio, as paisaxes e aos propios peregrinos tanto do Camiño Portugués e o Camiño Portugués da Costa como do Camiño Inglés e o de Fisterra e Muxía, as catro rutas nas que está presente esta mostra itinerante e ás que o Plan director do Camiño de Santiago dedica os principais investimentos ao longo dos dous últimos anos.

De feito, dentro do seu compromiso por potenciar un itinerario por ano, Turismo de Galicia centra os seus esforzos en 2018 no Camiño Portugués e no Camiño Portugués da Costa nos que se investirán 2,5 millóns de euros para actuacións de acondicionamento e mantemento. Programaranse tamén accións divulgativas e culturais, como esta exposición.

Con obradoiros didácticosDe xeito paralelo, o Camiño Portugués continúa a consolidarse como o segundo itinerario máis transitado polos peregrinos, só por detrás do Camiño Francés. Así o constatan as cifras da Oficina do Peregrino, que revelan un incremento dun 20,7% en só un ano.

De mar a mar. O Camiño de Santiago en 3D poderá visitarse no Café Moderno Afundación de luns a venres en horario de 17,30 a 20,30 horas e os sábados de 11,00 a 14,00 horas e de 17,30 a 20,30 horas. En colaboración coa Área Educativa de Afundación, a obra social de ABANCA, tamén se están a organizar diferentes obradoiros didácticos para escolares de infantil, primaria, bacharelato e ciclos formativos.


- Te recomendamos -