Inicio Galicia A Cátedra do Camiño de Santiago e as peregrinacións convoca a súa...

A Cátedra do Camiño de Santiago e as peregrinacións convoca a súa primeira edición de bolsas e premios para investigadores

0

A iniciativa impulsada por Turismo de Galicia xunto á Universidade e á Catedral de Santiago de Compostela busca impulsar o estudo e o coñecemento neste eido

A Cátedra do Camiño de Santiago e as Peregrinacións, impulsada por Turismo de Galicia coa Universidade e a Catedral de Santiago de Compostela, convoca a primeira edición de bolsas e premios de investigación arredor da ruta xacobea e o fenómeno das peregrinacións co obxectivo de apoiar e impulsar o estudo e coñecemento neste eido como prevé o Plan director do Camiño de Santiago.

Con esta nova aposta, a Cátedra do Camiño de Santiago e as Peregrinacións, que ten a súa sede no Centro Internacional da Acollida ao Peregrino, avanza nos fins para os que foi creada ao contribuír a promoción e difusión dos valores asociados a este feito: identidade histórica, valor patrimonial, espiritualidade, acollida e hospitalidade ou intercambio cultural.

As bolsas teñen como destinatarios doutorandos, investigadores e profesores universitarios, tanto nacionais como estranxeiros, que desenvolvan a súa actividade arredor destes temas. Outorgaranse tres axudas, cada unha delas por unha contía de 1.500 euros que permitirá unha estadía dun mes, como investigadores visitantes da USC, entre setembro e novembro.

Leer más:  El Gobierno central defenderá en el Tribunal de Justicia de la Unión Europea la normativa estatal para la aprobación de proyectos eólicos, según la Xunta

Os interesados deberán presentar na súa solicitude os obxectivos que buscan acadar na súa investigación, a metodoloxía, os centros (arquivos, bibliotecas, etc) onde desenvolverán o traballo, que pode estar xa en marcha, e as súas distintas fases. Os responsables da propia cátedra valorarán as candidaturas recibidas e na súa resolución terán en conta o expediente académico e o curriculum investigador do candidato, a viabilidade do proxecto exposto, a súa orixinalidade e as novidades que prevé achegar así como a actualidade e calidade.

Pola súa banda, os premios diríxense a investigadores nacionais e estranxeiros que teñan publicado durante 2017 un traballo en formato libro ou defendido unha tese de doutoramento co Camiño de Santiago ou as peregrinacións como tema de estudo baixo distintos aspectos como os históricos, culturais, xeográficos ou turísticos, entre outros. Igualmente, poderán concorrer traballos de fin de grao (TFG) ou traballos de fin de máster (TFM) defendidos durante o curso académico 2016-17 que tiveran acadado a cualificación de sobresaliente.

Bases e prazos completosConcederase un premio de 1.000 euros para libros publicados e teses de doutoramento inéditas e outro premio de 500 euros para traballos de fin de grao ou de máster. O xurado valorará a orixinalidade dos traballos, as novidades das súas achegas, a actualidade e calidade da súa metodoloxía, a bibliografía citada e diversas cuestións formais. As bases completas dos premios e das bolsas e os prazos de presentación e de resolución pódense consultar na páxina web da Cátedra do Camiño de Santiago e as Peregrinacións.

Leer más:  Un incendio en una granja de Lalín deja herido de consideración al propietario y provoca la muerte de aproximadamente 50 becerros

Esta cátedra é o proxecto académico máis importante impulsado ao abeiro do Plan director do Camiño de Santiago e supón un fito no estudo do fenómeno xacobeo. Dada a enorme vitalidade da peregrinación xacobea na actualidade e a súa importancia na nosa sociedade, cun interese crecente cada día máis internacionalizado e diversificado, considerouse moi necesario un instrumento como este para afondar nas súas raíces cunha base científica.

Nova conferencia este martesO obxectivo da cátedra, que se enmarca na liña estratéxica oito do Plan director do Camiño de Santiago, dedicada á investigación, comunicación e divulgación, é promover e difundir o coñecemento no eido xacobeo, facilitando a reflexión e o debate cultural, impulsando a súa presenza no ámbito universitario. Para isto, lévanse a cabo conferencias cursos, seminarios, publicacións, ademais da creación e mantemento dun fondo bibliográfico e documental.

Precisamente dentro destas actividades, está programado un novo relatorio para o vindeiro martes, 22 de maio, a cargo de Paolo Ascagni titulado San Roque de Montpellier. Historia e lenda dun santo peregrino, que terá lugar na sede da cátedra no Centro Internacional de Acollida ao Peregrino (rúa Carretas 33) a partir das 19,30 horas, aberta a todo o público.

Leer más:  La niebla dificulta el tráfico en la A-8 entre Arroxo y O Someiro, en Lugo

- Te recomendamos -