Inicio Galicia A campaña da Gripe 2018 iniciarase o vindeiro 22 de outubro con...

A campaña da Gripe 2018 iniciarase o vindeiro 22 de outubro con 608.00 doses

0

Por primeira vez, ofértase ao persoal sanitario do Sergas comezar a vacinarse a partir do 15 de outubro


O director xeral de Saúde Pública, Andréz Paz-Ares, anunciou esta mañá o inicio da campaña de vacinación da gripe 2018 a partir do 22 de outubro e explicou as novidades da campaña deste ano, baixo o lema Contaxia a túa enerxía e non a gripe. A Consellería de Sanidade adquiriu este ano un total de 608.000 doses, 48.000 máis que a pasada campaña, e destinou un orzamento que ascendeu a 2.183.220 euros, 226.980 euros máis que no ano 2017.

O director xeral de Saúde Pública destacou que por primeira vez ofértase ao persoal sanitario a oportunidade de vacinarse desde o día 15 de outubro. Deste xeito, o persoal pode afrontar o inicio da campaña de vacinación xa protexidos fronte a esta enfermidade, evitando o risco de transmisión da gripe aos seus pacientes. Ademais, nunha aposta pola importancia que nesta campaña ten a vacinación dos sanitarios, distribuiranse entre o persoal vacinado unhas chapas co lema "Eu vacineime. E ti?" para incentivar aos profesionais comprometidos coa vacinación.

A vacinación ofrécese de xeito continuada durante 10 semanas (ata o 28 de decembro) en arredor de 900 puntos de vacinación de toda Galicia. O director de Saúde Pública lembrou que haberá vacinas dispoñibles en todos os centros durante todo este tempo, polo que esta pode levarse a cabo dun xeito progresivo evitando aglomeracións nos primeiros días. Andrés Paz-Ares destacou que calquera persoa vacinada en calquera das semanas da campaña gozará da máxima protección antes da chegada do virus a Galicia.

Leer más:  Pontón pide al Partido Popular que deje de luchar contra el idioma gallego y opte por un amplio consenso a favor de la lengua

Tres tipos de vacinaOutra das novidades da campaña deste ano é a utilización da vacina antigripal tetravalente, que se vai empregar en dous grupos de poboación: nas mulleres embarazadas e nos menores de 15 anos que presenten algunha condición de risco.

Ademáis desta vacina tetravalente, durante a campaña 2018 empréganse outros dous tipos de vacina. Unha delas é a vacina convencional, que é unha antigripal inactivada de antíxenos de superficie e que pode ser utilizada a partir dos 5 anos de idade. A outra das vacinas empregadas é a de antíxenos de superficie inactivados con adxuvante indicada para as persoas de 75 ou máis anos e para as ingresadas en residencias de 65 ou máis anos xa que esta vacina ten unha maior inmunoxenicidade, para os que xera unha resposta inmune máis potente neste grupo de persoas cun maior risco de complicacións.

Do total das 608.000 doses de vacinas antigripais adquiridas inicialmente 608.000, un total de 325.000 corresponden á vacina antigripal convencional; 260.000 doses son de vacina adxuvada, e 23.000 doses son de vacina tetravalente.

Poboación diana e obxectivos específicosA vacinación ofértase gratuitamente para as persoas de 60 ou máis anos, residentes en institucións pechadas de calquera idade, mulleres embarazadas e tamén para aquelas persoas entre 6 meses e 59 anos con factores de risco que os predispoñen a padecer complicacións derivadas da gripe. Ademais, ofértase a persoas que lle poden transmitir a gripe a outras con alto risco de complicacións (entre os que se atopan os traballadores sanitarios) e tamén para persoas que desenvolven servizos esenciais para a comunidade.

Leer más:  Ninguno de los municipios gallegos con zonas de gran afluencia prevé seguir a Santiago e implantar una tasa

A vacina antigripal non so evita casos senón que diminúe a frecuencia de complicacións derivadas desta enfermidade e, tamén, o risco de hospitalización e morte relacionada coa gripe.

Os obxectivos específicos son acadar unha cobertura na poboación de 60 a 64 anos igual ou superior ao 35%, conseguir unha cobertura na poboación de 65 ou máis anos igual ou superior ao 65%, e acadar unha cobertura superior ao 40% nos traballadores sanitarios do Servizo Galego de Saúde e nas mulleres embarazadas.

Melloras para profesionais e usuariosOs profesionais sanitarios contarán este ano con informes mensuais sobre a cobertura da vacinación antigripal por cupo, o que lles permitirá contar con información personalizada. A Consellería de Sanidade ten activa tamén unha web temática como o principal portal de información para a sociedade e os profesionais, na que se actualiza toda a información técnica e os datos de evolución da campaña.

Así mesmo, todos os usuarios da aplicación informática VACGAL recibirán os avisos do inicio da campaña. Esta ferramenta, unha App gratuita da Consellería de Sanidade, iniciouse en abril deste ano poñendo a disposición da cidadanía información fiable e personalizada sobre o calendario vacinal por medio dos seus dispositivos móbiles.

Leer más:  Monterroso se mostró contento con la acogida de migrantes: "Hablas con ellos y te das cuenta de que solo quieren que les escuches"

A partir da terceira semana da campaña, tamén se desenvolverá o programa de promoción da vacinación antigripal mediante chamada activa. Os profesionais de enfermería chamarán á poboación entre 65 e 74 anos que non teña posta a vacina a esa altura da campaña. Ademáis establécense axendas de citación especial para vacinación e realizarase vacinación aos enfermos crónicos nas visitas a domicilio. Resultados da campaña de vacinación 2017Durante a pasada campaña do ano 2017 administráronse un total de 539.696 doses. Acadouse unha cobertura global nas persoas de 65 ou máis anos do 57,96 %, cun aumento de case dous puntos con respecto á anterior e cunha subida constante desde o ano 2013.

Tamén aumentou a vacinación do persoal sanitario do Sergas, cunha subida de 5 puntos respecto do ano anterior (38,85% fronte ao 33,45%), acadándose e incluso superando o obxectivo proposto en Atención Primaria, cunha cobertura do 46,35%, e en Atención Hospitalaria cun 35,63%. A análise por categoría profesional acada ou supera o obxectivo no persoal médico, tanto de Atención Primaria (40,80%) como Hospitalaria (41,13%) e no persoal de enfermería, o supera amplamente en Atención Primaria (53,67%) e non o acada en Atención Hospitalaria (31,65%).

No marco do programa para fomentar a vacinación antigripal entre a poboación mediante chamada por parte dos profesionais de enfermería realizáronse 35.445 chamadas e acodiron a vacinarse 5.244 destas persoas. A porcentaxe de persoas vacinadas sobre o número de chamadas ascendeu ao 14,79% fronte ao 11,5% do ano 2016. 


- Te recomendamos -