Santiago de Compostela, 31 de maio de 2018.- A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, recibiu esta mañá en San Caetano á presidenta da Asociación Nacional de Ingenieros Agrónomos (ANIA), Mª Cruz Díaz, e ao delegado rexional de ANIA e decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia, Pedro Calaza.
Nesta xuntanza, a conselleira coñeceu de primeira man a vindeira convocatoria do Congreso Nacional organizado por esta asociación, que terá lugar no vindeiro mes de outubro na cidade de Córdoba. A titular de Medio Rural interesouse polas actividades que desempeñan a nivel estatal e rexional e agradeceu o seu traballo a prol dun dos sectores máis importantes para Galicia.
- Te recomendamos -