Inicio Galicia A Agasp consolídase como centro de formación de referencia en Galicia para...

A Agasp consolídase como centro de formación de referencia en Galicia para as forzas e corpos de seguridade do Estado

0

O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, clausurou hoxe na Estrada o IX Congreso Federal do Sindicato Unificado de Policías (SUP) de Galicia

A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) continúa consolidándose como un centro de referencia na comunidade autónoma para a formación do persoal das forzas e corpos de seguridade do Estado. De feito, hoxe mesmo acolleu o IX Congreso Federal do Sindicato Unificado de Policías (SUP) de Galicia, que foi clausurado polo director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor.

A finais de 2015, a Xunta de Galicia asinou un convenio de colaboración co Ministerio de Interior co obxectivo de colaborar en materia de formación e actualización do persoal dos Corpos de Seguridade do Estado destinado na Comunidade Autónoma de Galicia. A programación da AGASP segue afondando neste acordo cada ano coa programación de novas actividades.

Ademais, a AGASP ten ratificado tamén un acordo de colaboración co propio SUP para impulsar accións de formación conxuntas enfocadas á actualización e mellora da profesionalización dos axentes.

Leer más:  Rueda asegura que Sánchez se comprometió a poner en marcha de inmediato la comisión para el traspaso de medios de gestión del litoral

- Te recomendamos -