A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) reuniu hoxe na súa sede da Cidade da Cultura os titulares das principais salas privadas de artes escénicas de Galicia para presentarlles un novo modelo de axudas dirixidas a este colectivo e recoller as súas achegas no deseño do mesmo.
Na xuntanza, na que participaron o director da Agadic, Jacobo Sutil, e os representantes de Sala Ártika (Vigo), Sala Gurugú (A Coruña), Sala Ingrávida (O Porriño), Teatro del Andamio (A Coruña) e Teatro Ensalle (Vigo), púxose en común o borrador das novas bases das subvencións para 2019, que contemplarán dun xeito integrado tanto os financiamentos das funcións que se realicen no marco da Rede Galega de Salas (RGS) como os gastos de funcionamento dos espazos.
- Te recomendamos -